Cultura

O Galician Freaky Film Festival bota a antar en Vigo, este xoves coa súa ‘programación previa’

Coa presentación dun libro, un Trivial Freak e unha batalla de programadores

Do 20 ao 28 deste mes, o Vigo o cinema freak apodérase da Praza Elíptica (proxeccións nos Cines Tamberlick e actividades paralelas na Sala Apo’strophe.arte) con ducias de actividades entre proxeccións da Selección Oficial, filmes homenaxeados, Pequefreak, proxeccións especiais, concurso de banda deseñada, exposición e mesas cadradas –consulta AQUÍ todo o programa-.


Ademais en vigoalminuto


Programación previa

Pero antes, o Galician Freaky Film Festival ten preparadas tres actividades para ir quecendo o ambiente freak da cidade e atraer ao maior número número de asistentes ao festival.

Esta programación previa arranca xa: este mesmo xoves día 12 ás 19:00h. coa presentación na FNAC do libro Un viaje por el cine fantástico y de terror, con Javier Trigales e David Salgado. Primeiro volume dunha saga na que os guionistas galegos repasan, xunto a outros colaboradores, os albores do cine fantástico e de terror en todo o mundo ata os anos 60.

Tamén o xoves, a partir das 22:00h., o equipo trasládase ao local de xogos de mesa Cheyenne para vivir unha noite de Trivial Freak, na que se porán a proba os coñecementos dos participantes arredor do cine de terror e ciencia ficción. A xornada promete moitas risas e algún susto, xa que o festival está dedicado este ano ás sagas Terminator e Pesadelo en Elm Street e ten preparadas sorpresas relacionadas con estes filmes. A inscrición ten un prezo de 2,50 € por equipo, e recoméndase formalizala con antelación a través do teléfono 630 06 50 75, ainda que non é estrictamente necesario. 

Quen sexa quen de demostrar que é un auténtico freak respondendo correctamente a todas as preguntas poderá levar algún dos premios aportados por Devir.

A terceira actividade da semana é unha Batalla de Programadores entre os cinco responsables de artellar a programación do Galician Freaky Film Festival. Unha noite de curtas, humor e cervexas que se celebra na Galería Maraca o venres 13 de setembro a partir das 20:00 h . Juan de Castro ‘Herr Direktor’, Miriam Álvarez ‘Lady Reference’, Ignacio Lago ‘Hacker Man’, proxectarán as súas curtametraxes favoritas e chegarán ás mans para alzarse co premio de Mellor Programador GFFF.  

‘Galician Freaky Film Festival: «8 anos de freakismo xuntos»

O Galician Freaky Film Festival é o evento de cinema e cultura freak definitivo. Desde hai 8 anos trae a Vigo unha coidada selección nacional e internacional de curtametraxes de xénero. Pezas moitas veces inéditas en Galicia e España.

Unha abraiante selección de obras, unha coidada programación de actividades paralelas e un ambiente único «fan que cada ano aumente o exército de freaks que se achegan  a Vigo para gozar do GFFF, unha experiencia que vai alén do cinematográfico». 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.