Cultura

O Instituto de Navia terá o seu proxecto de construcción en outubro

Cunha superficie de 8.200m2 e deseñado para 700 estudantes

O Instituto de Navia terá o seu proxecto de construcción en outubro

A delegada territorial da Xunta en Vigo informou hoxe de que o Goberno galego contará en outubro co proxecto de construción do novo instituto de Navia. Ana Ortiz indicou que en canto reciba o documento, a Consellería de Educación licitarás obras, logo de contratar a redacción do proxecto en xaneiro- á UTE formada polas empresas Iglesias y Veiga Arquitectos e Mestura Arquitectes-.

14 millóns de euros

Ortiz lembrou que os Orzamentos deste 2024 xa contemplan a construción do centro educativo en tres anualidades:

  • 103.769,45€ no ano 2024
  • 6.761.639€ no 2025 e
  • 6.761.639€ no 2026

Con todo, o orzamento de licitación definitivo deberá axustarse á contía económica definida que determine o proxecto.

“Continuamos avanzando no compromiso de facer realidade esta nova infraestrutura educativa e como mellor proba figura o cadro de investimentos que levará a cabo nas diferentes partidas orzamentarias ata un total de 14 millóns de euros, explica Ortiz.


Outras novas en vigoalminuto


Máis de 8.000m2 e 700 alumnos

O novo instituto, que «atenderá as necesidades educativas derivadas da dinámica poboacional nunha área de expansión como Navia», deseñarase seguindo as especificidades académicas, tecnolóxicas e de sostibilidade recollidas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica da Xunta.

Será o primeiro instituto construído en base a estes parámetros. Terá capacidade para arredor duns 700 alumnos de ESO e Bacharelato e ocupará unha superficie total de preto de 8.200 m². En consonancia co Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, propóñense espazos docentes interactivos, dinámicos e adaptables. Ademais, o edificio construirase pensando en reducir nun 30% o consumo enerxético respecto de edificios similares.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.