Sin sección

O Porriño acometerá melloras en varios viais dos polígonos industriais

Na Casilla, A Granxa e As Gándaras

O Porriño acometerá melloras en varios viais dos polígonos industriais

O Concello do Porriño acometerá nos próximos meses a mellora de varios viais do parque empresarial da Granxa, concretamente na Casilla en Atios. O proxecto vén de licitarse cun orzamento base de máis de 114.000€, que se financiará ao abeiro dunha achega da Xunta de Galicia e aportación municipal.  Simultaneamente levarase a cabo a adaptación do sistema contraincendios do PPI-6, que requerirá unha inversión de preto de preto de 37.000€.

Na actualidade estes viais atópanse nun estado deficiente, sendo necesaria a rehabilitación do pavimento para garantir a seguridade de vehículos e peóns.

Ampliación da calzada

Para isto, acometerase a ampliación da calzada e dous regos.  Tal e como explicou o concelleiro de Vías e Obras, Ramón Porto, “actuarase nun tramo de 633 m, cunha anchura media de 6,1 cm. Ampliarse a plataforma en 651 m2 , realizarse o bacheo de más de 300  m2  e o fresado de máis de 2,1  km2 e por último, “estenderase unha nova capa de rodadura nunha superficie de 6,1 km2.  Os traballos incluirán o rasanteo de 31 tapas de rexistro e rematarán coa renovación da sinalización horizontal.

Dispositivo incendios

Ademais, levouse a cabo unha exhaustiva revisión do sistema de abastecemento de auga contraincendios do PPI. 6-2, que acusa o deterioro do paso do tempo, e unha vez detectadas as incidencias procederase a resolverlas para adecualo á normativa vixente. Esta instalación componse dun depósito a cota superficial e dúas bombas principais encargadas de suministrar o caudal de auga necesaria. O grupo conta tamén cunha bomba auxiliar que mantén presurizada a instalación.

“Os nosos polígonos industriais son un dos motores do Porriño e é esencial acondicionar e manter as súas instalacións, por iso ademais destas melloras que xa se licitaron estamos traballando xa en varios proxectos para acondicionar dúas das rotondas do vial principal da Granxa e un dos viais do das Gándaras”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.