Cultura Vigo al minuto

Pasen e vean damas e cabaleiros! o meirande espectáculo do mundo!

CircoO espectáculo «Castrelos Circus», que terá lugar no auditorio de Castrelos o hoxe (22:30 horas), ofrecerá ao público vigués un programa único. O concelleiro de Cultura indicou na presentación que será un espectáculo irrepetible de homenaxe ás orixes do circo. O director da compañía «La Fiesta Escénica«, Abel Martín, organizadora do evento, indicou que acoden a Vigo para participar artistas e números que «nunca estiveron en España e que nunca se xuntaron no mesmo escenario«.O concelleiro destacou o novo concepto de circo, no que se mesturan «contorsionistas, trapecistas, acrobacias, malabares, música, poesía e imaxe».

Pola súa banda, o creador do espectáculo explicou que o show está baseado na historia do circo, «que nace como un espectáculo ecuestre e nos facemos un espectáculo ecuestre sen animais«. Martín destacou que «foi un pracer facer este traballo xa que lles permitiu traer a Vigo aos mellores do mundo que estiveron en todos os escenarios do mundo e volver a xuntar a toda esta xente vai a ser moi complicado, case imposible», ademais o director explicou que levan varios meses traballando na preparación do espectáculo e «fixemos unha escenografía monstruosa«.

O espectáculo. Castrelos Circus é un gran show inspirado nos lendarios números de cabalos, pero sen animais reais, onde a compañía «La Fiesta Escénica» amosa o seu talento dando renda solta á súa creatividade máis desbordante. O auditorio de Castrelos é o mellor espazo escénico para poder desenvolver este show cheo de personaxes creados exclusivamente para este espectáculo. É un proxecto que fusiona imaxe e técnica circense para crear un espectáculo visual presentado por un equipo de artistas seleccionados de entre os mellores do mundo (o dúo de trapecistas Sorella, o acróbata búlgaro Encho Keryazov, o arxentino Bruno Sainz, os acróbatas Crazy Fly, os contorsionistas «China Acrobatic Troupe» ou a equilibrista Leilani Franco).

O prezo das localidades é de 8 euros en venda anticipada e 10 euros en despacho de billetes (con cadeira). Puntos de venda: Servinova, Central de Espectáculos (R/ Velázquez Moreno) e no despacho de billetes do auditorio de Castrelos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.