Destacados Vigo al minuto

A Xunta activa desde este mércores o servizo de bus entre Vigo e o aeroporto de Santiago

Para atender os viaxeiros afectados polo peche temporal de Peinador

A Xunta activa desde este mércores o servizo de bus entre Vigo e o aeroporto de Santiago

A Xunta activa este mércores, 8 de maio, os servizos de autobús entre Vigo e o aeroporto de Santiago para atender os viaxeiros afectados polo peche temporal do aeroporto de Peinador.

Seis servizos diarios

Entre a estación intermodal de Vigo e a terminal compostelá funcionarán seis servizos ao día, cunha duración aproximada dunha hora e media, e terán saída desde Vigo ás 04:30, 07:35 e 10:45 horas e de Lavacolla cara a Vigo ás 08:45, 12:40 e 18:45 horas.

O servizo con saída de Vigo ás 04:30 horas, permitirá aos usuarios coller os voos da primeira hora da mañá, prestarase nunha nova liña que se crea especificamente e que realizará unha parada intermedia en Pontevedra. Os outros cinco servizos adaptan o itinerario de servizos de autobús xa existentes de liñas da Coruña e Ferrol con Vigo, engadindo un desvío ao aeroporto de Santiago. A información relativa aos servizos estará dispoñible en www.bus.gal.

Solución de urxencia

Coa posta en marcha destes servizos, a Xunta ofrece unha «solución urxente» á necesidade de facilitar os traslados ao aeroporto de Santiago dos viaxeiros afectados polas obras na pista de aterraxe na terminal viguesa.

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, lamenta que, «malia que se prevé que o peche do aeroporto dure cando menos o mes de maio, o Executivo central non ofrecese unha alternativa para a conexión dos viaxeiros coa cidade de Vigo na xuntanza que mantivo a semana pasada o alcalde de Vigo, Abel Caballero, co ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente«.

Y además

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.