Comarcas

O Concello de Nigrán busca un novo ‘leira-parking’ no centro urbano

Para gañar máis de 120 prazas de aparcamento

O Concello de Nigrán busca un novo leira-parking gratuíto no centro urbano que se sume ao situado desde o ano pasado en 1.200 m² de terreo municipal na rúa Vilaméan. Con este obxectivo, hoxe publicouse en Sede Electrónica (‘Perfil do Contratante’) o decreto coas bases do concurso público para adxudicar un contrato privado de arrendamento dunha parcela ubicada a non máis de 250 metros da Casa Consistorial.

Requerimentos

O procedemento, en aras da máxima transparencia e legalidade, é o mesmo que se seguíu no ano 2020 para alugar o da rúa Torriña (funcionou ata 2023, rexeitando a propiedade a prórroga). Os pregos novamente esixen que se sitúe a un radio de 250 metros da Casa do Concello; que teña un mínimo de 2.000 m² de superficie e sube o prezo máximo aos 3,60 €/m2/ano.

Prazos e características

Os interesados que cumplan os requerimentos esixidos nas bases dispoñen ata o 16 de maio inclusive para presentar as súas ofertas, priorizándose na adxudicación a mellor rebaixa económica e a distancia con respecto ao Consistorio.

As características establecidas para esta parcela mantéñense iguais que no 2020 coa salvedade dun aumento do prezo máximo do arrendamento, que pasa de 2,58 €/m2/ano a 3,60 m2/ano (suma un máximo de 13.068 €/ano incluíndo IVE). Así, figura novamente como imprescindible situarse nun radio de 250 metros medidos desde a porta ata a casa consistorial; acceso por vial público asfaltado e con iluminación pública e fronte mínima de 5 metros; topografía eminentemente chaira; solo rústico ou apto para desenvolver; ou superficie mínima de 2.000 m2 non sendo abonados nin empregados os metros cadrados que superen os 3.000 m². Valórase, ademais da mellora económica e a distancia, a posibilidade de que a parcela poida ter máis dunha saída independente. Finalmente, o contrato será renovable anualmente ata un máximo de 4 anos.

Con este aluguer, sumado ao leira-parking xa existente na rúa Vilameán, o goberno local outorgaría ao centro do municipio dunha capacidade de aparcamento tal que nutriría incluso as necesidades do verán, cando se multiplica a poboación. A maiores, e ademais da liña de autobús intramunicipal Nigranbus, compre recordar que na Ramallosa, o outro gran centro urbano do municipio, o Concello mentén desde 2022 operativo un parking 100% público e gratuíto cunha media de uso de 600 vehículos diarios. 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.