Comarcas

Se queres chegar aos 100 anos tes que ir a Covelo

Como Valentina Muíños Valdés, que o sábado celebrou o seu primeiro século de vida

Se queres vivir 100 anos tes que ir a Covelo. Non, non é so un titular. O pasado mes de novembro celebramos os 108 anos de Concepción Val e hoxe…bueno foi o sábado, os 100 de Valentina Muíños Valdés.

Valentina é «alegre, incansable, valente e xenerosa», así o comenta o seu neto, Féliz Álvarez, quen ademáis de ter unha avoa centenaria, está no Concello, como concelleiro. Seguro que foi un dos invitados á festa celebrada polo primeiro século de Valentina que naceu o 2 de marzo de 1924, na parroquia de Barcia de Mera, e como tantos galegos e galegas de aqueles tempos herdou do seu pai, Francisco, o alcume da familia pasando a ser a «Valentina do Romualdo».

Aquel ano 1924 no que naceu Valentina, o Marqués de Alcedo fixo doazón do seu pazo de Castrelos ao pobo de Vigo; a selección de fútbol de Uruguai  deu a sorpresa nos Xogos Olímpicos de París; en Ecuador, Matilde Hidalgo de Procel, pasou á historia por ser a primeira muller en votar en América do Sur; o dictador Miguel Primo de Rivera declarou unha amnistía para gran número de delitos; morreu Lenin e a cidade Petrogrado pasau a ser Leningrado na súa honra; Mussolini gañou as Eleccións Xerais en Italia; comezaron as transmisións de Radio Barcelona (actual Cadena SER); ademais no mesmo ano naceron o actor Marlon Brando, o músico Henry Mancini, o gran Marcello Mastroianni ou o escritor Truman Capote.

Como non podía ser doutro xeito, o alcalde, Pablo Castillo, e as concelleiras, Lourdes Enes e María Valiñas, quixeron achegarse a felicitar a Valentina e a levarlle un agasallo no nome de todas as veciñas e veciños de Covelo.

Traballadora incansable

Velentina foi a menor de cinco irmáns e só deixou a súa terra natal e o traballou no campo para marchar a Calatayud co seu irmán, que era sarxento do exército. Tal e a súa paixón polo agro que aínda hoxe segue a traballalo.  Logo dese breve paso por outras terras volveu a Barcia de Mera para traballar sen horarios na sega, na recollida de leite antes de saír para ir a forestal…está en todos os traballos do campo.

Esas ganas de vivir

Valentina, que quedou viúva aos 50 anos, sacou adiante aos seus 5o fillos e coidou de seus pais que finaron con 88 anos. Para os seus netos e bisnetos, e para todas e todos nós é un referente. Aí está con esas ganas de vivir e con esa ilusión para seguir sumando primaveras. Parabéns Valentina!

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.