Comarcas

Avanzan as obras do aparcadoiro disuasorio de Nigrán

Contará con 72 prazas na zona da estrada Gondomar-A Ramallosa

Avanzan as obras do aparcadoiro disuadorio de Nigrán. A delegada territorial da Xunta en Vigo visitou este luns o ámbito da autoestrada AG-57, na súa conexión coa PO-324 (Gondomar-A Ramallosa) na que están a punto de finalizar os traballos, que supón un investimento de preto de 650.000 euros.

Trátase dunha nova actuación ao abeiro dos fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia Next Generation UE nunha superficie de 3.500m2 nos que haberá 72 prazas de aparcamento- incluindo dúas para persoas con mobilidade reducida- e tres puntos de recarga para vehículos eléctricos.

A obra dá continuidade á senda peonil existente na PO-340 e «constrúe zonas verdes con arboredo para sombra, ademais dunha franxa verde de 2,20 metros e un illote central axardinado», sinalou a delegada. Ademais, repoñerase a parada de bus existente á entrada do aparcadoiro e habilitaranse cinco pasos de peóns, para dar continuidade ao tránsito peonil.

Ana Ortiz engadiu que se instala unha rede de drenaxe para a recollida de pluviais, a cal conectará a través de cuneta co río Miñor, e instalarase iluminación pública e vídeo vixilancia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.