Cultura

1.000 accións en prol do desarme e a paz, este domingo en Vigo

Impulsadas pola comunidade educativa do CEIP Valle Inclán

1.000 accións en prol do desarme e a paz, este domingo en Vigo

Falar de paz e traballar pola paz. Non pode haber ningun tema máis importante, un empeño máis necesario e unha nova máis actual. Un ano máis, a ANPA do CEIP Valle Inclán de Vigo asume o reto de mellorar o mundo no que vivimos, achegándonos un chisquiño máis ao mundo que queremos.

O primeiro ano a comunidade educativa conqueriu mil grúas de papel como Sadako Sasaki; o segundo, 1.000 árbores como Wangari Maathai; o terceiro 1.000 quilos de doazóns para as protectoras como David Attenborough; o cuarto 1.000 esculturas como Judith Scott, e este quinto reto queremos conseguir 1.000 accións en prol do desarme e a paz, seguindo o legado de Anna Frank.

Polo tanto, e en memoria de aquelas persoas que, como Anna, perderon a súa vida nunha guerra, nais, pais, educadores e estudantes comprométense a «traballar para o desarme» sendo unha «comunidade pacifista», custodia e «benfeitora da paz e do benestar das persoas en calquera parte do mundo».

Axuda

Para contribuír a un mundo sen armas presentan un novo reto para o que precisamos a túa axuda.

➡Queren recoller xoguetes que sexan armas para reciclar. «Teremos como punto de recollida o noso centro educativo, a asociación de veciños do Calvario ou en Caracatús Escola de Familias e outros lugares que se queiran unir a nosa causa.

➡Faranunha carreira solidaria no cole o luns 4 de marzo, en favor de Save the Children, «para a que os nosos e as nosas pequenas corredoras precisarán patrocinadores».

➡Farán un Encontro Solidario este somingo, 3 de marzo, ás 11:00 no Parque de Castrelos «onde xunt@s sumemos quilómetros pola paz e o desarme», en colaboración con varias ONG’s.

➡Na semana do 26 ao 1 de marzo organizaron unhas xornadas de sensibilización no centro a cargo de Intermon Oxfam, ACEEM e Asociación aug.girasol.

➡»Faremos unha feira solidaria de 5 ao 7 de marzo para recadar fondos para estas ONG».

«Temos de prazo para conseguir as mil accións ata o 5 de marzo, Día Internacional de Concienzación sobre o Desarme e a Non Proliferación».

Encontro solidario

Este domingo, todos e todas as integrantes do CEIP Valle Inclán pasarán unha xornada familiar «sumando quilómetros pola paz e o desarme». Se queres participar tes que inscribirte a través do correo electrónico  [email protected].

A inscrición ten un custo de 2€ (serán doados ás ONG: Oxfam e ACCEM) que entregaredes en efectivo ao recoller unha pegatina identificativa, que levaredes pegada na vosa camiseta. Tamén entregarán un carné  que poderedes ir selando no percorrido para contabilizar os vosos quilómetros, e que se sumarán ao #obxectivo5demarzo.

Despois do percorrido, podemos quedarnos a comer todas e todos xuntos  para xa pola tarde gozar dunha recompensa e das actuacións de «Mariete Clown» e «La Compañía Espectacular,  cuando el teatro y la música bailan». Ademáis, se queredes colaborar de calquera outro xeito, podedes contactar co colexio neste enderezo:  [email protected].

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.