Comarcas

Covelo comeza os traballos para cubrir a pista de pádel que poderá usarse sen importar a climatoloxía

A nova cuberta conta cunha superficie de máis de 200 metros cadrados

Covelo comeza os traballos para cubrir a pista de pádel que poderá usarse sen importar a climatoloxía

O Concello de Covelo está a levar a cabo os traballos para cubrir a pista de pádel ubicada dentro do recinto do CEIP Antonio Blanco Rodríguez e de uso compartido.

Esta intervención ten un custo de 48.294,25€ dos que a Consellería de Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta achegou 26.832€ aportando o Concello a cantidade restante, 21.462,25€.

Deporte todo o ano

A pista cuberta permite a práctica deportiva ao longo de todo o ano, «en liña cos obxectivos do goberno local de fomentar hábitos de vida saudable e ofrecer instalacións e servizos públicos de maior calidade», subliña o alcalde, Pablo Castillo.

Dende a súa inauguración, a pista de pádel dispuña dun horario de 16:30 a 21 horas de luns a venres e sábados, domingos e festivos de 9 a 21 horas. Ante a alta demanda das persoas usuarias o Concello encargou a colocación desta cuberta de máis de 200 metros cadrados que posibilita a práctica deportiva independentemente da climatoloxía.

Polas mañás empregan a pista as alumnas e alumnos do colexio e o resto do día o público en xeral. Para poder acceder á pista tan só se debe realizar solicitude previa nas oficinas municipais a través do número de teléfono 986 65 01 54. As persoas interesadas poden consultar aquí a normativa de uso.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.