Destacados Vigo al minuto

Povisa recibirá a ‘Medalla de Ouro’ da cidade en 2024

A CIG informa de que non asinará o convenio colectivo

O Hospital Ribera Povisa recibirá en 2024 a ‘Medalla de Ouro’ da cidade en recoñecemento a cinco décadas de “grandísima atención sanitaria» prestada a miles de vigueses, así como á xeración de emprego, como se constata na actualidade cun persoal de 1.500 traballadores.

‘Modelo Vigo’

Asi o adiantou hoxe o alcalde, durante o acto organizado para celebrar os 50 anos da clínica privada. No mesmo, Abel Caballero transmitiu o seu recoñecemento a todos os profesionais que durante este médio século implicáronse no proxecto sanitario. Ademáis, comprometeu a cooperación do Concello asegurando que “xogades un papel fundamental na saúde e no emprego de Vigo”.

Por último, Caballero subliñou que Povisa “é imprescindible”, pola súa atención á saúde de xeracións de vigueses, e por que se axusta ao “modelo Vigo” de aplicar a excelencia a todos os ambitos.

A CIG non asinará o convenio

Esta nova da concesión da ‘Medalla de Ouro’ coincide coa declaración da CIG de que non asinará o convenio colectivo pactado entre a Dirección do centro e a maioría do Comité de empresa.

Neste sentido, o sindicato considera que supón a introdución dunha dobre escala salarial. Ademais, central oponse tamén á contratación fixa descontinua; a que se vincule a carreira profesional e a suba de soldos de 2025 ao concerto co Sergas, e a que o plus de noites non estea incluído.

Referendo do persoal

Ainde que o contido do novo convenio colectivo de Povisa someterase a referendo do persoal este mércores, a CIG xa confirma a súa intención de non asinalo porque inculca os principios sindicais que defende a central.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.