Comarcas Vigo al minuto

O Rosal abre este luns as inscricións para o Mercado e o Campamento de Nadal

Ata o día 21

O Rosal prepárase para festexar o Nadal. Asi, o Concello abrirá este luns, día 6 de novembro ás 09.00 horas o prazo de inscrición para participar no tradicional Mercado de Nadal, “un lugar de oportunidades para as persoas que realizan traballos relacionados coa artesanía e co deseño, un espazo que permite cada ano visibilizar o traballo e o talento creativo e innovador de artistas artesáns da nosa vila”,apunta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

O tradicional Mercado abrirá as súas portas os días 2 e 3 de decembro no salón de exposicións do Concello e o público poderá visitalo de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas.

No Rexistro do Concello

Todas as persoas interesadas en participar e ter un posto no mercado deberán presentar a súa solicitude de participación no Rexistro do Concello ata o vindeiro 21 de novembro acompañada da documentación correspondente: DNI, carné de manipulador de alimentos no caso de venda de produtos gastronómicos que non teñas pasado controis de calidade, a solicitude de inscrición e unha declaración responsable.

15 postos

Como é habitual, o mercado estará aberto á participación de asociacións sen ánimo de lucro; persoas produtoras e vendedoras de produtos gastronómicos (repostería; mel; queixos; marmeladas, turróns…) e persoas artesás dedicadas aos máis diversos sectores.

Establecerase un máximo de 15 postos para a celebración deste mercado que se concederán por estrito orde de entrada da solicitude. Ademais, soamente se concederá un posto por participante, que deberá traer a súa propia instalación e decoración.

Campamentos

Ademais, o Concello prepárase, un ano máis, para organizar o campamento de Nadal para que os máis cativos e cativas da casa «poidan gozar das vacacións escolares cunha morea de actividades lúdicas e educativas e axudar a rosaleiros e rosaleiras a conciliar a vida familiar e laboral», explica a alcaldesa. 

Este campamento desenvolverase os días 26, 27, 28 e 29 de decembro e o 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 08.45 a 14.15. horas e estará destinado a nenos e nenas matriculados en 4º, 5º ou 6º de Educación Infantil ou Educación Primaria neste curso escolar. O Concello abriu este mesmo luns o prazo de solicitude de praza, que rematará o mércores 22 de novembro ás 14.00 horas. 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.