Comarcas Vigo al minuto

Así será a nova Praza de Abastos de Tui

Estará rematada a finais de xuño de 2024

Así será a nova Praza de Abastos de Tui

O Concello de Tui vén de adxudicar a obra de reforma da Praza de Abastos á empresa tudense Plaintec por un importe de 1.322.706,42€. Así se aprobou onte en sesión plenaria ao ser a oferta máis vantaxosa segundo o recollido na proposta da mesa de contratación.

As obras terán un prazo de execución de 8 meses, debendo estar rematadas o 30 de xuño de 2024 ao estar financiadas nun 80% con fondos europeos Next Generation.

Reforma integral: interior e exterior

O proxecto a executar suporá a reforma integral da Praza de Abastos coa súa modernización e actualización tanto interior coma exterior, «co que o mercado gañará en confortabilidade e eficiencia enerxética». Asi, a concelleira de Comercio e Mercado, Ana Núñez, sinala que este proxecto é clave para a «dinamización comercial da cidade” e busca converter á praza “nun mercado referente e atractivo”. Núñez amosa a súa satisfacción porque sexa
unha empresa tudense, Plaintec, quen vaia a executar a obra, o que significará que o investimento previsto redundará tamén directamente na economía local.

Pola súa banda, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, amosa a súa confianza en que a execución desta obra “converta a praza de abastos no que debe ser” e destaca a «importancia que este equipamento pode xogar no desenvolvemento económico e social deste concello”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.