Galicia Vigo al minuto

Chegan as primeiras 10.900 doses para vacinar aos bebés contra o virus respiratorio sincitial

Inmunizarase a recén nacidos, prematuros e aos de alto risco

Chegan as primeiras 10.900 doses para vacinar aos bebés contra o virus respiratorio sincitial

Sanidade recibiu as primeiras 10.900 doses do anticorpo monoclonal do Virus Respiratorio Sincitial (VRS) coas que, como informamos en vigoalminuto, desde o vindeiro 25 de setembro, comezará a inmunizar a todos os nenos e
nenas que nazan nos centros hospitalarios galegos.

Asi, xunto cos neonatos, o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) tamén citará entre os días 2 e 15 de outubro a aqueles nenos/as nados desde o pasado 1 de abril de 2023. Por outra banda, as sete áreas sanitarias galegas convocarán, tamén desde o 25 de setembro, aos nenos prematuros (nados desde o 1 de outubro de 2021), e aos nenos de alto risco (cardiopatías, displasia broncopulmonar, etc) con menos de 24 meses.

Está previsto que se lle administre o anticorpo do VRS a máis de 15.000 cativas e cativos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.