Cultura Vigo al minuto

O Primavera do Cine aborda o seu cuarto día de proxeccións

No Auditorio do Concello

Cuarto día do festival Primavera do Cine no que as proxeccións concéntranse no Auditorio do Concello. Será a última oportunidade para poder ver os dous bloques de curtametraxes galegas en sección oficial: As moradías do vento (19:00 h.) e Denuncia do equilibrio (20:30 h.).

Posteriormente, en horario de 22:00 h, proxéctase a longametraxe Liña de fuga, que será presentada pola súa directora, Marta Blanco. Un filme que comezou co encargo dunha peza audiovisual por parte dunha compañía de danza e rematou convertíndose nun proxecto de longametraxe no marco do Festival Linha de Fuga de Coimbra. A película participa na sección oficial de longametraxes sometida a un premio do público e outro do xurado.

Master Class

Paralelamente ás proxeccións celebrarase, no Instituto Camões en horario de 19:00 h, unha master class impartida pola investigadora e cineasta Adriana Páramo titulada ‘Análise sobre o informe CIMA GALICIA: A Representatividade e Representación das mulleres no Audiovisual Galego. Ficción 2020′.

A participación na master class é gratuíta ata completar aforo. As inscricións formalízanse enviando un correo a [email protected] 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.