Comarcas Vigo al minuto

A finais deste ano estará rematada a humanización das rúas Progreso e Buenos Aires, no Porriño

Logo dun investimento de case 1 millón de euros

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade avanzou esta mañá que a finais deste ano estará rematada a humanización das rúas Buenos Aires e Progreso, no Porriño, logo dun investimento de case 1 millón de euros.

Protagonismo dos peóns

Ethel Vázquez, xunto co alcalde, Alejandro Lorenzo, supervisou hoxe o avance destas obras para transformar estas rúas e «facelas máis seguras, máis accesibles e máis humanas«. Así, apuntou, trátase dunha reforma integral na estrada PO-329 ao seu paso polo centro urbano, destinada a transformar unha estrada en rúa e conseguir que os coches cedan protagonismo en favor dos peóns.

Para iso, a actuación desenvólvese nun treito de case 700 metros da PO-329, co abxectivo de reforzar a seguridade
a pé dos veciños; ademais de mellorar a accesibilidade e o aspecto estético da vía, «favorecendo a súa mellor integración na vida urbana do núcleo do Porriño».

O xeito de acadalo, constataron a conselleira e o alcalde, é facer as beirarrúas máis anchas, para favorecer un tránsito máis cómodo e seguro para os veciños; primar os peóns fronte aos vehículos, reducindo para iso a anchura dos carrís de circulación; e reordenar as zonas de aparcadoiro.

Pavimento e mobiliario urbano

Tamén se prevé a renovación dos pavimentos e a dotación de mobiliario urbano e mellora da iluminación con 22 novos puntos de luz e con reforzos lumínicos nos pasos peonís. Asi mesmo, o proxecto, a petición do Concello e o Consorcio de Augas do Louro, estase a aproveitar para acometer tamén unha necesaria renovación e ampliación das redes de saneamento e abastecemento.

Ámbitos de actuación

De aí que a intervención dividiuse en diferentes ámbitos, comezando pola zona da rúa Buenos Aires, no treito final da actuación. Neste treito, que vai desde a glorieta coa PO-511 e a PO-331 ata o cruce co río Louro, pasando baixo a autovía A-55, os traballos están practicamente finalizados.

Pasos elevados

Pola contra, na zona máis próxima ao río, a prioridade era mellorar a seguridade peonil, colocando pasos elevados e adaptándonos á normativa de accesibilidade. Ademais, nas proximidades da glorieta, acométese unha actuación máis ampla, coa reordenación da calzada para gañar espazo para os peóns; reducindo o dos carrís, ademais de dispoñer sitio para os contedores e aparcadoiros; renovando e ampliando tamén as beirarrúas, a iluminación e a sinalización e dispoñendo mobiliario urbano.

Rúa Progreso

Ethel Vázquez concretou que unha vez se rematen as obras neste treito, intensificaranse os traballos xa en execución na rúa Progreso (entre o límite con Mos e o paso a nivel coa vía férrea). Así acometerase a reordenación da calzada a e a humanización da vía.

Do paso a nivel a Frigolouro

Finalmente, se intervirá no treito máis complexo, entre o paso a nivel e o acceso á empresa Frigolouro, onde os técnicos se comprometen a actuar coa maior axilidade e coidado para minorar a afección e as molestias.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.