Comarcas Vigo al minuto

Todo listo en Redondela para vivir este sábado o ‘Entroido de Verán’

Con música, actividades para os máis novos e a tradicional ‘Gala Drag’

Redondela celebra este sábado 19 de agosto o seu 24º Entroido de Verán. As actividades no recinto do Campo da Feira comezarán ás 20.00 horas coa sesión DJ a cargo de Carlos González e Borja Rúa. Ás 21.30 arrancará a xa tradicional Gala Drag con Cristian de Samil como mestre de cerimonias e que repartirá 1.800 euros en premios.

Concertos

Rematada a gala comezarán os concertos. Os primeiros en subir ao escenario ás 23.00 horas serán os integrantes da banda A Quinkillada. Logo actuará o artista galego Ortiga e por último o canario Dasoul. O DJ redondelán Rodri Vegas será o encargado de pechar a festa.

Actividades para público infantil

O programa volve apostar polas actividades dedicadas aos máis pequenos. O Entroido de Verán ofrecerá xogos e espectáculos para toda a familia en diferentes localizacións no centro da vila. A pista da Xunqueira e a praza de Ponteareas acollerán inchables con auga e na pista da Petanca o grupo Animar-T fará bailar a grandes e pequenos co espectáculo «A bailar».

Pola súa banda, a praza da Torre acollerá un touro mecánico e o inchable «Eliminator», mentres que na praza de Lenda haberá pistas inchables de fútbol e baloncesto. As actividades infantís rematará ás 21.30 coa Festa da Escuma na pista da Xunqueira.

Liñas de transporte

Como en anos anteriores o transporte público reforzarase con liñas especiais de ida e volta a Redondela desde Vigo, Pontevedra e O Porriño. Os autobuses sairán con destino a Redondela desde diferentes puntos a partir das 18.00 horas, e haberá transporte de volta ata as 06.00 horas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.