Destacados Vigo al minuto

Os míticos ‘Wilco’ encabezan o cartel da terceira edición do ‘Espazo Fest’

Tocarán o día 20 no Pazo de Urzáiz

O Pazo de Urzáiz prepárase para recibir a unha das bandas máis influentes e talentosas da música alternativa, Wilco. A aclamada agrupación americana presentarase no escenario principal de Espazo Fest, levando o seu inconfundible estilo e o seu cativador repertorio a miles de seguidores dentro da terceira edición do festival dos Pazos de Nigrán.

Wilco

Así, a lendaria banda estadounidense, será a estrela principal do festival e actuará o próximo 20 de agosto presentando o seu último traballo, «Cruel country». Trátase dunha volta ás raíces que Jeff Tweddy deixa patente na nota de prensa deste álbum: «no pasado, sempre foi valioso e liberador para nós afastarnos da etiqueta country. Axudounos a crecer e manter as nosas mentes abertas á inspiración que vén de preto e de lonxe». 

Tré Brut

O festival abrirá o próximo 20 de agosto coa actuación dunha das novas voces do folk americano, Tré Burt. A combinación perfecta de cancións de primeiro nivel e unha voz que leva a mensaxe a través de calquera barreira que poidas ter.

Ademais, para garantir a comodidade dos asistentes, dispoñerase, dunha ampla zona gastronómica e dun servizo de autobuses que conectará Porto do Molle co Pazo de Urzáiz. Os horarios daranse a coñecer proximamente.

As entradas continúan á venda a un ritmo acelerado a través de www.espazofest.com e www.teuticket.com a un prezo de 35€ (+gastos de xestión).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.