Cultura Vigo al minuto

O espectáculo ‘Silforiña’ chega este martes ao Castelo de Sobroso

Dentro do programa da Deputación ‘Tras as Ameas’

O espectáculo 'Silforiña' chega este martes ao Castelo de Sobroso

Música e narración envolverán o Castelo de Sobroso este martes 1 de agosto co espectáculo Silforiña, de Golfiños, un concerto cheo de emocións para maiores de 3 anos que se enmarca no programa provincial Tras as Ameas, da Deputación de Pontevedra, que se desenrola, tamén no castelo de Soutomaior, este verán. A actuación comezará ás 19:00 horas e nela o grupo, formado por Elena Paz Alonso, Jesús Moares Lameiro e Javier Ricardo Álvarez Fernández, contan a historia de Silforiña, unha nena que mira a vida a través da súa ventá.

Silforiña

Desde a súa casa, Silforiña imaxina a cantidade de emocións e historias que pode atopar fóra: unha viaxe en barco, somerxerse nun poema, asustarse co ouveo dun lobo ou camiñar baixo a luz da lúa de noite. As cantigas dos Golfiños intentarán axudar a Silforiña a perder o medo e facer o seu propio camiño nun espectáculo que fala de superación e dos soños da infancia a través da música.

Tras as Ameas

Tras as Ameas arrancou o 27 de xuño e inclúe ata o 29 de agosto un total de 13 accións entre concertos, obradoiros, contacontos ou espectáculos escénicos que inclúen maxia e circo divididas en cinco bloques: Noite no castelo (accións nocturnas); Música con historia (concertos para público familiar); Nin príncipes nin princesas (contacontos); O teatro vén de visita (teatro de rúa); Creando no xardín (obradoiros participativos de arte); Vaia circo este castelo! (espectáculos de circo exterior) e Entre muros de maxia! (espectáculos de maxia).

Agosto

Ademais de Silforiña, no mes de agosto hai outras cinco actividades programadas: O circo Glamping de SU.MA., o 3 de agosto en Soutomaior; o concerto Paxaro amigo. Músicas para a paz de Mamá Cabra o 10 de agosto en Soutomaior; o espectáculo circense Nino & Mambrú de Nauta o 17 de agosto en Soutomaior; a actividade de maxia Superheroe de Fran Rei o 22 de agosto en Sobroso, e o obradoiro Lingoreteira de Xarope Tulú o 29 de agosto tamén en Sobroso.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.