Vigo al minuto

Alertan, de novo, da falta de Bombeiros en Vigo e da paralización das oposicións

E o seu nulo peso nunha axenda municipal «chea de glamour e festividade»

Alertan, de novo, da falta de Bombeiros en Vigo e da paralización das oposicións

A CIG vén de alertar o Concello está a incumprir os mínimos do número de bombeiros, fixados polo mesmo Goberno municipal, para garantir, «de forma mínima» a seguridade da cidadanía. Así, a finais da pasada semana o parque de Coruxo estivo pechado, «pondo en serio risco a seguridade ao aumentarse considerabelmente os tempos de resposta perante un sinistro», e deixando á cidade durante 24 horas apenas cunha primeira saída (1 condutor/a, 1 mando e 4 bombeiros/as).

Por iso, os profesionais advirten de que a gravidade de todo isto é aínda maior perante a pasividade á hora de resolver o problema.

Oposicións bloqueadas dende 2020

Neste sentido, apuntan que as ofertas de emprego de persoal bombeiro dos anos 2020-2021-2022 están sen executar, a de 2023 que podería estar xa en marcha está paralizada, e por se isto fora pouco as bases das
oposicións están conxeladas desde o 30 de xuño de 2022.

No é prioritario nunha «axenda con moito glamour e festividade»

Ante esta situación, volven solicitar ao Goberno local e a Abel Caballero, o seu máximo representante, que «utilice dunha forma áxil a sua maioría absoluta» para resolver dunha vez este problema crónico no servizo de bombeiros de Vigo. Para iso deberá de asumir coa madurez suficiente este asunto e tratalo de xeito prioritario, «nunha axenda municipal chea de eventos con moito glamour e festividade».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.