Vigo al minuto

Licitada por preto de 7,2 millóns a construción de 38 vivendas en Navia

As empresas poderán presentar ofertas ata o 15 de setembro

Adxudicadas en 13,1 millóns as obras de urbanización da 1ª fase de Navia

A Xunta de Galicia licitou hoxe a obra de construción de 38 vivendas de promoción pública na primeira fase da ampliación de San Paio de Navia, por preto de 7,2 millóns de euros a executar nas anualidades 2023, 2024 e 2025. As empresas interesadas en presentar as súas ofertas poderán facelo ata o vindeiro 15 de setembro.

207 vivendas en total

Trátase das primeiras vivendas que se licitan no polígono 1 da ampliación d barrio, onde o Instituto Galego da Vivenda e Solo ten previsto construír un total de 207 vivendas, cuxos proxectos de obra están xa en redacción ou
licitados.

O inmoble, que se empraza na parcela M-IVA-10 e ten unha superficie de 1.297 metros cadrados, disporá de tres plantas subterráneas, onde se situarán os garaxes, as instalacións e algúns dos rochos; unha planta baixa, onde se localizarán os dous portais de acceso ás vivendas; o resto dos rochos, os locais comunitarios, cuartos de instalacións
e os espazos destinados a almacenamento de residuos.

Nas tres plantas altas haberá 30 vivendas -10 en cada unha delas- e na planta de ático situaranse 8 vivendas. Dese total, 20 serán de 3 dormitorios -das que 2 estarán adaptadas para persoas con mobilidade reducida- e 18, de 2 dormitorios. A maiores, o inmoble contará con 70 prazas de garaxe -2 accesibles- e 38 rochos -2 accesibles-.

Entre 72 e 101 metros cadrados

As vivendas de 2 dormitorios oscilarán entre os 72 e os 79 m2 de superficie útil e as de 3 dormitorios entre os 90 e os 91 m 2 . As dúas vivendas adaptadas para persoas con mobilidade reducida, que se emprazan no ático, terán una superficie útil de 101 m 2 .
A edificación das vivendas realizarase simultaneamente coas obras de urbanización do polígono 1 de San Paio de Navia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.