Destacados Vigo al minuto

AER avisa de que non cederá á «chantaxe» do BNG e sinala á alcaldesa como responsable do bloqueo do Concello

Pide acudir ao Partido Popular

AER avisa de que non cederá á "chantaxe" do BNG e sinala á alcaldesa como responsable do bloqueo do Concello

A Agrupación de Electores de Redondela (AER) lamenta que o actual Goberno municipal, «que se supoñía que tiña que ser forte, estea a comezar dun xeito tan lamentable»: os concelleiros de goberno teñen as súas competencias asinadas pola alcaldesa dende o pasado martes 4 de xullo pero, a día de hoxe, están a traballar sen remuneración.

No Pleno de Organización celebrado o pasado 6 de xullo, tanto o BNG como o PP votaron en contra da proposta feita pola alcaldesa para a remuneración dos cargos políticos…aínda que as motivacións de cada grupo foron ben distintas.

O PP votou en contra porque Digna Rivas non negociou co grupo municipal popular ese punto, «cando é algo que tamén lles afecta como son os soldos dos concelleiros da oposición e a remuneración dos seus voceiros». Dende AER entenden que «é necesario fuxir de posturas dogmáticas» como as que «amosou a voceira socialista» no mesmo Pleno dicindo que nós non imos sentarnos co PP para nada. «Esas posturas, nin son democráticas nin son moi intelixentes, especialmente cando o goberno está en minoría»., sinalan dende a Agrupación de Electores.

Chantaxe do BNG

Asi mesmo, os responsábeis de AER, subliñan que o voto en contra do BNG foi unha “revancha”, porque previamente non foran aprobadas as súas «extravagantes esixencias»: vetar ao PP na representación na Mancomunidade de Vigo, por unha banda, e, por outra, reclamar un cargo de confianza para o Grupo Municipal do BNG, algo insólito na historia doConcello.

«AER votou en contra desas chantaxes e o seguirá a facer. O primeiro é antidemocrático. O PP ten dereito a ter representantes, aínda que despois non asista ás reunións da Mancomunidade (como acusa o BNG) como xeito de protesta. Entendemos que o BNG debera defender o dereito á protesta de todos o Grupos, non so o seu. Case máis delirante é a esixencia de contar cunha persoa de confianza para o BNG, un grupo na oposición, algo que nunca existiu neste Concello e que non ten explicación lóxica«.

Bombeiro pirómano

“O BNG estase a comportar como un bombeiro pirómano. Por unha banda reclamou un goberno forte pero declinou formar parte de el e, o máis grave, está a tratar de dinamitalo dende fóra”, declaran responsables de AER. No Pleno de Organización, o voceiro do BNG recoñeceu que está a favor de dignificar a política e que os seus representantes tiña que ter unha remuneración axeitada, pero que votaba en contra porque, segundo eles, incumpriuse un pacto de goberno. A este respecto, subliñan dende AER, hai que facer dous matices: o primeiro é que «o BNG non tiña un acordo co goberno, pode que o tivera co PSOE, pero con AER nin se reuniu, nin negociou nin acordou absolutamente nada». Ao mesmo tempo, subliñan dende a Agrupación de Electores, parece contraditorio nunha forza que presume de defender os intereses da clase traballadora que deixe a todos os concelleiros do goberno con responsabilidades pero sen remuneración.

A responsabilidade de Digna Rivas

Dous días despois do Pleno, AER solicitou á alcaldesa unha reunión urxente entre as tres forzas da investidura para tratar de desbloquear a situación. Isto foi o sábado 8 de xullo. AER recibiu resposta do PSOE este pasado mércores 12 para dicirnos que a xuntanza sería o venres 14, porque o xoves 13 íanse reunir co BNG previamente.

«Obviamente, a nosa resposta foi que estaban a repetir estratexia de negociar por separado (e tarde) e que aventurábamos que o resultado ía ser o mesmo: un fracaso». Finalmente o PSOE cancelou a xuntanza prevista para hoxe venres porque “o BNG quere reunirse o luns cos grupos de goberno”.

PP: interlocutor necesario

Vista a «actitude destrutiva do BNG», AER considera que a solución pasa máis ben por incorporar ao PP ás negociacións. No Pleno de Organización, Javier Bas amosou o seu compromiso para negociar este punto “e chegar a un acordo en cinco minutos”.

O propio voceiro do BNG no mesmo Pleno interesouse pola proposta do PP. «Xa que logo, todo parece que a solución deste bloqueo pode pasar por que se convoque unha xuntanza de todos os grupos municipais para tratar de chegar a un acordo neste punto».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.