Galicia Vigo al minuto

Suspendida a folga no comercio de alimentación convocada para mércores e xoves

Logo da nova proposta da patronal

Suspendida a folga no comercio de alimentación convocada para mércores e xoves

O persoal do comercio de alimentación da provincia de Pontevedra acordou onte en multitudinarias asembleas celebradas en Vigo e na capital suspender os dous días de folga previstos para este mércores e xoves. A decisión tomouse ante a última proposta de convenio colectivo achegada pola patronal do sector.

Subida dos salarios do 13% en 4 anos

Finalmente, o empresariado ofrece unha suba salarial total do 13% nos catro anos de vixencia do acordo, con cláusula de revisión salarial a IPC real e con carácter retroactivo. «O avance nas negociacións foi posíbel tras a convocatoria de dous paros de 24 horas lanzada pola CIG». Á vista da mesma, a patronal convocou ao comité de folga a unha xuntanza o pasado venres na que puxo enriba da mesa unha serie de propostas que finalmente foron aceptadas en asemblea de xeito unánime.

Así, a proposta da patronal contempla un convenio a catro anos que establece uns incrementos salariais do 5% en 2023, do 3% en 2024, do 3% en 2025 e do 2% en 2026. Ademáis contén unha cláusula de revisión salarial para cada un dos anos de vixencia con carácter retroactivo, sempre que o IPC real supere estas cantidades.

Un día máis de vacacións

Tamén ofrece un día máis de vacacións e dous sábados libres ao ano; así como catro días de libre disposición, e acepta varias cláusulas sobre violencia de xénero e igualdade e xubilación parcial. Modifícase a redacción de concorrencia de convenios para que os convenios propios teñan os mesmos salarios que o provincial. Ao tempo que se fixa o comezo das licenzas en días laborábeis e se incorporan as licenzas de 15 a 30 días, sen remunerar, para casos especiais. E introdúcese a promoción da categoría de auxiliar administrativo á de oficial administrativo, entre outras cousas.

Froito das mobilizacións

Dende a federación de Servizos da CIG salientan que «a loita das persoas traballadoras do sector, que secundaron masivamente a xornada de folga convocada o pasado 23 de xuño, e a negociación protagonizada pola central sindical fixo posíbel que a patronal se vise obrigada a poñer enriba da mesa estas melloras, e así se lle trasladou a todas as persoas asistentes ás asembleas celebradas onte». A partir de agora a CIG-Servizos porase en contacto co empresariado para informarlle sobre a decisión adoptada para seguir coa negociación do convenio.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.