Destacados Vigo al minuto

Julieta Venegas, en Vigo este sábado

No festival TerraCeo

Julieta Venegas, en Vigo este sábado

Este sábado chega á terraza do Mar de Vigo unha das actuacións máis destacadas da cuarta edición do Festival TerraCeo, a de Julieta Venegas, coas entradas esgotadas desde hais máis dun mes. A artista mexicana, coñecida polo seu estilo musical único e as súas letras profundas, promete ofrecer unha actuación inesquecible na cidade onde presentará o seu último traballo, «Tu historia».

Por suposto, os asistentes poderán gozar dos seus éxitos máis coñecidos, «Me voy» o «Limón y sal», e súa capacidade para transmitir emocións a través da súa música asegura unha cita única. 

Santi Araujo

O seu directo estará precedido pola actuación de Santi Araújo. Unha combinación perfecta onde converxen as súas traxectorias en México: a súa procura incansable dun son íntimo e a profunda conexión que ambos músicos comparten coa natureza.

Coa actuación de Julieta Venegas, alcánzase o ecuador do Festival TerraCeo, e sen dúbida, será un dos momentos máis sobresalientes deste ciclo de concertos que se prolongará ata finais de setembro. Así, este mes pasarán pola terraza do Auditorio o novo flamenco de María José Llergo  (21 de xullo), gañadora, ademais, dun Goya á mellor canción orixinal; a mestura de R&B e blues dos irmáns Kitty, Daisy & Lewis (22 de xullo), ou desert blues dos Tinariwen (25 de xullo).

E xa en setembro, TerraCeo se despedirá co rap de HARD GZ, concerto para o que restan menos de cen entradas (23 de setembro), e o inclasificable trap de Boyanka Kostova (22 de setembro).

Toda a información sobre a venda de entradas pode atoparse en www.auditoriomardevigo.com ou na billeteira www.teuticket.com

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.