Destacados Vigo al minuto

Dispositivo extraordinario de limpeza durante a celebración da ‘Reconquista’

Con 50 contedores, 25 vehículos e 9 operarios máis

Con 50 contedores, 25 vehículos e 9 operarios máis

Durante os días centrais da ‘Reconquista’, o Concello de Vigo e FCC reforzarán o servizo de limpeza urbanaentre o 31 de marzo e o 2 de abril, co obxectivo de manter as rúas da cidade nas mellores condicións posibles nun ano no que se prevé a maior afluencia da historia desta festa.

Máis contedores

En concreto, instalaranse contedores de 800 litros de fracción orgánica, selectiva e papel en 15 localizacións que se sumarán aos contedores laranxas de recollida resto. Ademais, facilitarase aos postos a pe de rúa 50 contedores amarelos de dúas rodas de 120 litros para a recollida selectiva de envases.

Declaracións do alcalde

Reciclaxe

Pensando nos establecementos que xeren vidro, como poden ser os hostaleiros, FCC colocará contedores destinados a tal uso en 7 localizacións con sistema de izado Vacri (volteo para a asistencia de contedores rodantes individuais); ademais de 35 contedores verdes de 90 litros para que os establecementos poidan trasladar o vidro aos 7 contedores anteriormente mencionados.

Dotación extraordinaria

O mesmo domingo, ao finalizar a festa, porase en marcha unha dotación extraordinaria composta por 9 vehículos e 25 operarios que percorrerán todo o casco vello e zonas coma a Porta do Sol, Náutico, Montero Ríos e Carral.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.