Deportes Vigo al minuto

Abertas as inscricións para o ‘5º Trail Orixes Mondariz’

Incorpora unha Andaina non competitiva e Pequetrail, para os máis pequenos

Incorpora unha Andaina non competitiva e Pequetrail, para os máis pequenos

O vindeiro 6 de maio terá lugar a ‘5ª edición do Trail Orixes Mondariz‘, unha carreira a pé polos montes de Mondariz, Fornelos de Montes e Covelo. Así, o prazo de inscrición comezou este 15 de febreiro, ás 20:00 horas, e estará aberto até o 1 de maio, ás 23:59 horas, na plataforma www.empa-t.com.

Andaina non competitiva

A gran novidade desta edición é a introdución das categorías non competitivas de Andaina, de 13 km, e Pequetrail, con tres distancias para nenos e nenas de 3 a 14 anos de idade. Estas súmanse ás categorías da última edición do Trail Orixes Mondariz, celebrada o ano pasado: Minitrail, de 14 km; Trail, de 25 km; Maratón, de 40 km; e Ultra, de 60 km.

Entre as seis categorías suman 750 prazas: 100 para Pequetrail, 100 para Andaina, 200 para Minitrail, 150 para Trail, 100 para Maratón e 100 para Ultra.

Participantes

As persoas inscritas no Trail Orixes Mondariz 2023 terán dereito a avituallamentos durante a carreira e na meta, un agasallo conmemorativo, asistencia sanitaria durante o transcurso da proba, duchas e zona do corredor, con bar, petiscos e música. 

Percorrido circular

Nesta quinta edición, o percorrido volverá ser circular, con saída e chegada na praza de España de Mondariz. Discorrerá por Riofrío, Aboal, Festín, Gargamala, Caxil, Vidueiros, Foxo do Lobo de Estacas, Lago de Piñeiro, Caxil (Mosteiro de San Xoan), Sabaxáns, Cernadela e Mondariz, con diversos controis que están especificados nas bases de participación. O día 5 de maio convocarase ás persoas participantes a unha charla técnica.

Pequetrail

A nova categoría non competitiva de Andaina compartirá percorrido e horario de saída co Minitrail, recortando a distancia en 1 km, aproximadamente. O Pequetrail, destinado aos máis cativos, contará con tres distancias en trazado semiurbano: Xabarín, de 1.500m, para nenos e nenas de 10 a 13 anos; Raposo, de 800m, para idades de entre 6 e 9 anos; e Esquío, de 100m, para meniños e meniñas de 3 a 5 anos. A inscrición nesta nova categoría será gratuíta.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.