Comarcas Vigo al minuto

Covelo facilita a conciliación familiar e laboral con actividades para nenos

O prazo de reserva de praza está aberto ata o día 27

Covelo facilita a conciliación familiar e laboral con actividades para nenos

O prazo de reserva de praza está aberto ata o día 27

Co obxectivo de ofrecer ferramentas que contribúan a unha mellor conciliación familiar e laboral, o Concello de Covelo participa no Plan Corresponsables da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Actividades para nenas e nenos de entre 3 e 16 anos

A Concellería de Igualdade, que dirixe María Valiñas, informa que se organizarán actividades para nenos e nenas nacidos entre o 2006 e 2019 que realizarán en horario non lectivo e así poder favorecer un tempo libre saudable a través de propostas lúdicas e socioeducativas cando as súas familias non poidan atendelos.

Reserva prazas

O prazo de solicitude e reserva de praza está aberto ata o 27 de decembro de 2022. Este servizo de conciliación é gratuíto e estará dispoñible os días laborais ata o 30 de decembro de 2022 dende as 15:00 horas as 21:00 h de luns a venres e os días non lectivos de Nadal dende as 8:00 h ata as 21:00 h.

Todas as persoas que precisen máis información poden chamar ás oficinas de Servizos Sociais do Concello de Covelo ao telf. 986650027 ext. 3 ou enviar un correo electrónico a  [email protected]

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.