Galicia Vigo al minuto

5.255 persoas iniciaron en setembro o Camiño de Santiago desde Tui

Son o 35% dos peregrinos que fixeron o mes pasado o Camiño Portugués

5.255 persoas iniciaron en setembro o Camiño de Santiago desde Tui

Son o 35% dos peregrinos que fixeron o mes pasado o Camiño Portugués

Os datos publicados pola Oficina do Peregrino da Catedral de Santiago correspondentes ao pasado mes de setembro continúan situando á cidade de Tui nos primeiros lugares escollidos polos peregrinos xacobeos para iniciar o seu
Camiño cara a Santiago, en calquera das rutas xacobeas.

En concreto, un total de 5.255 peregrinos escolleron Tui para iniciar a súa peregrinación, un 35% dos 14.805 peregrinos que realizaron o Camiño Portugués o pasado mes de setembro.

Tui unicamente foi superada polo concello lucense de Sarria, no Camiño Francés con máis de 20.000 peregrinos, e pola cidade portuguesa de Porto onde comezaron o Camiño un total de 5.736 peregrinos. Este ascenso de Porto, en relación cos pasados meses, está en relación directa co maior número de peregrinos estranxeiros polo Camiño Portugués e unha redución dos peregrinos españois.

A Eurocidade Tui-Valença, punto de saída de más de 7.000 peregrinos

Cabe sinalar que si a Tui sumamos os datos de Valença, que con 1.854 peregrinos ocupa a sexta posición como lugar de inicio da peregrinación xacobea, teriamos que na Eurocidade Tui-Valença iniciaron o Camiño de Santiago un total
de 7.109 peregrinos no pasado mes de setembro.

«Contribúe ao desenvolvemento socio-económico»

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, expresa a súa «satisfacción» por estes datos da Oficina do Peregrino da Catedral de Santiago que confirman a importancia que a nosa cidade ten no ámbito xacobeo.

«Esta achega dos peregrinos e peregrinas resulta de gran importancia para Tui pois contribúe ao desenvolvemento socio- económico do noso concello e converte á nosa cidade en referencia obrigada no ámbito xacobeo acollendo a peregrinos e peregrinas de numerosas nacionalidades que promoven un intercambio multicultural que enriquece a vida da nosa cidade e que constitúe un dos valores máis apreciados do Camiño de Santiago polas persoas que viven esta experiencia».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.