Destacados Vigo al minuto

Comeza en Vigo a 6ª edición do Galician Freaky Film Festival

Ás 19:00h. no Auditorio do Concello

Ás 19:00h. no Auditorio do Concello

Este venres comeza en Vigo a 6ª edición do Galician Freaky Film Festival GFFF, un festival de cinema diferente e gamberro, cheo de sentido de humor e cunha sección oficial pensada para deixarnos «co cú torcido».

O festival inaugúrase ás 19h, no Auditorio do Concello coa proxección deThe Hunchback of Notre Dame, filme mudo de 1982 musicado en directo e para a ocasión por Caspervek Orquestra, con 11 músicos en escena. A continuación, ás  proxectarase The Thing (La cosa), obra de referencia no terror e ciencia ficción que cumpre 30 anos en 2022.

Sábado

O sábado 24, no Auditorio do Concello, é o turno do Pequefreak, xornada dirixida a inculcar o amor polo cinema nos nenos, con obradoiro de efectos especiais, realidade virtual e proxección de curtas sorprendentes e nunca vistas en Galicia.

Mércores, 28 e sábado 1 de outubro

Continúa do mércores 28 de setembro ao sábado 1 de outubro na Praza Elíptica, coas proxeccións da sección oficial de curtametraxes, os primeiros filmes de Peter Jackson, exposición, coloquios, presentacións e sorpresas en forma de performance.

Xa podes reservar as entradas en https://galicianfreakyfestival.com/entradas/

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.