Comarcas Vigo al minuto

O Porriño pon en marcha unha ludoteca para facilitar a conciliación familiar

Será gratuíta e comezará o 1 de outubro

O Porriño pon en marcha unha ludoteca para facilitar a conciliación familiar

Será gratuíta e comezará o 1 de outubro

O Concello do Porriño, a través da concellería de Igualdade, pon en marcha por primeira vez unha ludoteca municipal gratuíta, dentro do “Plan corresponsables 2022” da Secretaría Xeral de Igualdade.

Dende o 1 de outubro

Dende o vindeiro 1 de outubro e ata o 30 de novembro ponse en funcionamento o servizo de ludoteca nas instalacións do Centro Cultural Municipal, cun horario que abranguerá dende as 16 h ata as 20 h”, explicou a concelleira.

“Desenvolveranse actividades dirixidas a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos nun espacio común que lles permitirá relacionarse entre eles e compartir momentos de ocio, á vez que se traballan valores tales como o respecto e a solidariedade”.

Sin inscrición

O aforo será de 20 nenas e nenos cada día que as súas familias poderán deixar ao cargo das monitoras e monitores dentro do horario establecido. Non é necesaria inscrición previa, e os pequenos e pequenas serán admitidos ata completar as prazas diarias.

Conciliación

“Queremos contribuir a mellorar a conciliación da vida persoal e laboral das familias do Porriño e á vez fomentar nos máis pequenos valores como a cooperación, igualdade e corresponsabilidade”, concluíu o alcalde, Alejandro Lorenzo.

“Nese sentido traballamos e, dentro das nosas competencias, pretendemos impulsar medidas que poidan a curto/medio prazo consolidarse na vila”, apunta.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.