Galicia Vigo al minuto

A Xunta reformará a lei para que se identifique aos animais de compañía mortos na vía pública

E se notifique aos seus donos

A Xunta reformará a lei para que se identifique aos animais de compañía mortos na vía pública

E se notifique aos seus donos

A Xunta reformará a lei para que se identifique os animais de compañía que aparezan mortos na vía pública e se notifique aos seus donos.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda incidiu este martes, durante unha visita realizada á protectora Gatocan en Coirós, que o obxectivo é reforzar a Lei de protección e benestar dos animais de compañía para que se comprobe a identificación dos animais que aparezan mortos na vía pública a través da lectura do microchip co fin de comunicar o falecemento aos seus propietarios e que estes poidan facerse cargo da xestión e tratamento dos seus
restos.

Según Ángeles Vázquez, a maiores, con esta reforma facilitarase que os propietarios dos animais poidan comunicar
ao rexistro a baixa do animal e, por outra banda, permitirá avanzar na investigación de
posibles roubos.

Reivindicación das protectoras

Deste xeito, a Xunta faise eco da reivindicación das asociacións protectoras de animais de compañía, que veñen incidindo na importancia do crecente vínculo que existe entre estes animais e os seus propietarios.

A conselleira salientou que este ano se convocaron axudas por importe de 400.000 euros para apoiar a concellos e asociacións protectoras no coidado e atención dos animais domésticos abandonados.

No caso das entidades locais, as axudas, que contan cun orzamento de 230.000 euros, destínanse a gastos de esterilización, vacinación, identificación, rexistro dos exemplares e compra de alimento.

«Polo que respecta ás asociacións protectoras, o financiamento de 220.000 euros cobre os mesmos gastos que nos concellos e, ademais, tamén se pode destinar a campañas de sensibilización e compra de material, equipamento non funxible, software e dispositivos electrónicos«.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.