Comarcas Vigo al minuto

Nigrán instalará este sábado un ‘megatobogán’ acuático na Ramallosa

Totalmente gratuito para nenas e nenos que teñan a partir de 6 anos de idade

Totalmente gratuito para nenas e nenos que teñan a partir de 6 anos de idade

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 23 de xullo unha das súas actividades estrelas deste mes para o público infantil e xuvenil: un megatobogán acuático de 65 metros de longo que discorrerá ao longo da rúa Damas Apostólicas, en A Ramallosa aproveitando a pendente desta estrada.

Gratuito

A estrutura funcionará, de xeito totalmente gratuíto, de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, estando indicada para rapazada a partir dos 6 anos de idade. Os participantes tan só deben acudir en bañador e recibirán un flotador por parte da organización para deslizarse sobre el durante todo o percorrido.

«A rúa Damas Apostólicas transformarase durante un día no parque acuático de Nigrán para o goce do público máis pequeno«, explica o alcalde, Juan González, quen incide en que coincide co ‘Rilla na Rúa‘, feira itinerante de food-truks instalada na Alameda de A Ramallosa, «polo que o Concello de Nigrán ofrece o sábado un plan familiar completo».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.