Destacados Vigo al minuto

O persoal de mantemento das zonas verdes de Vigo, en folga dende o luns

Os traballadores acusan ao Concello de «mirar para outro lado»

O persoal de mantemento das zonas verdes de Vigo, en folga dende o luns

A representación sindical da UTE Zonas Verdes Vigo (Acciona e Mantén) anuncia o inicio dunha folga indefinida a partir deste luns 20 para denunciar a progresiva precarización das condicións laborais e os incumprimentos do convenio colectivo por parte da concesionaria municipal.

Precarización

Alfredo Filgueiras, presidente do Comité de Empresa, sinalou que «o noso convenio colectivo establece que o persoal indefinido traballa de luns a venres en xornada intensiva na quenda de mañá, pero a raíz da reforma laboral a empresa está a facer catro tipos de indefinidos distintos: fixo-descontinuo, que entendemos que non procede porque o noso traballo non ten a estacionalidade que o xustificaría; fixo a tempo completo; fixo a tempo parcial con horas complementarias, que traballan cinco horas diarias seis días á semana; e fixo a tempo parcial con xornada irregular”,

En consecuencia, o representante sindical advirte que unha vez que se vaia xubilando persoal “o servizo irase precarizando en materia de contratación e relacións laborais”.

«O Concello mira para outro lado»

Ao mesmo tempo, censura que o Concello de Vigo, que está a pagar 109 traballadores/as a tempo completo, mire cara a outro lado, “de igual xeito que fai cando a empresa non substitúe nin o 50% das baixas do persoal”.

Filgueiras tamén criticou a actitude da dirección da UTE, xa que en 15 meses que levan á fronte do servizo “xa temos enriba da mesa 37 sancións, superando as rexistradas en todos os anos que leva a concesión”. E isto a pesar de que o persoal segue a ser o mesmo e desenvolve o mesmo traballo. “Non entendemos a que veñen este tipo de represalias contra o cadro de persoal”.

Servizos mínimos «desproporcionados«

A empresa convocou onte ao comité para comunicarlle uns servizos mínimos que a representación sindical considera desproporcionados. Poñen unha persoa por equipo, un total de 34 dos 109 que integramos o cadro de persoal (preto dun 30%), coa escusa de regar, baleirar as papeleiras e limpar os baños de Samil, Castrelos e O Castro”.

Neste senso, Filgueiras lembrou que na primeira folga que convocaron, non ano 2005, obtiveron unha sentenza xudicial que establecía que nesta concesión non hai lugar a decretar servizos mínimos porque non se trata dunha actividade esencial para a comunidade.

O alcalde non intervirá

Abel Caballero non intervirá no conflito. Manifestouno este venres en resposta a unha pregunta de vigoalminuto. O alcalde asegurou que coñece a convocatoria de folga e engadiu que se trata dunha situación que ten que ver coa concesionaria e cos seus traballadores e traballadoras e que deben ser eles quen a resolvan.

Resposta do alcalde sobre a folga do persoal de zonas verdes do Concello

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.