Comarcas Vigo al minuto

O único axente da Policía Local das Neves xa patrulla polo concello

A vila estaba sen policía dende hai preto de tres anos

O único axente da Policía Local das Neves xa patrulla polo concello

Borja Cachaldora, de 29 anos de idade é o novo axente da Policía Municipal de As Neves. Incorouse ao seu posto a semana pasada, logo de competar os 6 meses de adestramento regulamentario, a metade deles en Ponteareas e os outros tres na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) na Estrada.

Neste tempo recibiu formación en materia xurídica, operativa, asistencial, de tráfico, administrativa, técnica, social, xudicial ou de investigación.

O único axente da Policía Local das Neves

Borja é o único axente da Policía Local das Neves, o primeiro que ten o concello en preto de tres anos e o segundo en toda a súa historia. O seu antecesor, Fernando Fernández, estivo no seu posto preto de tres décadas, ata a súa xubilación en 2019.

Borja Cachaldora, único axente da Policía Local das Neves

De multas de aparcamento a ‘arresto’ de delincuentes

A funcións do novo policía abranguerán dende a xestión de tráfico, realización de notificacións e elaboración de informes ata a coordenación coa Garda Civil ou Servizos de Emerxencias.

Fará o seu traballo nun territorio de 66 quilómetros cadrados, formado por 13 parroquias nas que viven preto de 3.900 veciñas e veciños.

O novo axente levou a cabo as súas primeiras accións relacionadas co cumprimento das normas medioabientais, limpeza de fincas e  intervencións en materia de circulación, asistencia e seguridade.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.