Comarcas Vigo al minuto

Deputación e Concello de Tomiño defenden en Madrid a ponte da Amizade

Unirá Goián e a localidade portuguesa de Vila Nova da Cerveira

A Deputación de Pontevedra e o Concello de Tomiño acuden este mércores a Madrid para poñer en valor os proxectos do parque e a ponte peonil da Amizade ante o secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán.

O obxectivo do encotro é presentar en persoa ambas iniciativas co fin de buscar apoio e financiamento tanto estatal como europeo para a execución das obras desta ponte, de uso exclusivo para peóns e ciclistas, que unirá a Goián co parque do Casteliño, na localidade portuguesa de Vila Nova de Cerveira.

No encontro, que terá lugar no Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, estarán presentes a presidenta Carmela Silva, o deputado de Cooperación Transfronteiriza e vicedirector do AECT Rio Minho Uxío Benítez, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

Financiamento europeo

A redacción de ambos proxectos contaron con financiamento europeo, con cargo á primeira convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España Portugal (POCTEP) 2014-2020.

O pasado 29 de maio foron presentados oficialmente nun acto formal na fronteira ao que asistiran autoridades dos gobernos centrais como a ministra de Coesão Ana Abrunhosa e a secretaria de estado de Valorización de Interior de Portugal Isabel Ferreira, e a subdelegada do Goberno Maika Larriba pola parte española; autoridades autonómicas como o presidente da CCDR-N Antonio Cunha e o vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda, amosando todos eles o seu apoio á iniciativa.

Para o deputado Uxío Benítez o parque e a ponte da Amizade constituirán un elemento dinamizador de crucial importancia material e simbólica nun territorio como é o transfronteirizo do rio Miño, dobremente impactado pola
actual pandemia COVID-19, dado o seu carácter dependente dos fluxos socioeconómicos entre ambos países, que se teñen visto gravemente alterados polas restricións á mobilidade transfronteiriza.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.