Ciencia y Tecnología Destacados

Incremento dun 6% da nómina para 13.561 profesionais do Sergas

A metado son médicos e profesionais de Enfermería

Incremento dun 6% da nómina para 13.561 profesionais do Sergas

A Xunta infoma de que un total de 13.561 profesionais do Servizo Galego de Saúde (SERGAS), e entidades adscritas, teñen un «incremento retributivo vinculado ao recoñecemento dun novo grao de carreira profesional».

Na actualidade perciben algún grao de carreira profesional 20.198 traballadores do Sergas e entidades adscritas á
Consellería de Sanidade. No que atinxe á atención primaria, preto do 90% de profesionais (88,37 % ) teñen recoñecido algún grao de carreira.

En dous anos

O pago en nómina do incremento vinculado ao complemento de carreira produciuse en dúas anualidades, distribuído nunha porcentaxe do 50% en 2021 e 50% en 2022, polo que o 100% das contías do novo grao abonaranse a partir deste ano. Suporá un incremento retributivo medio do 5,92%.

13.561 profesionais

Dos 13.561 profesionais do Servizo Galego de Saúde que teñen melloras retributivas asociadas a un novo grao de carreira profesional distribúese no seguintes colectivos: 3.345 son licenciados sanitarios persoal facultativo; 3.558 son diplomado sanitarios das categorías de enfermeira, matrona, fisiote rapeuta etc; 705 son técnicos de FP C1,
técnicos especialistas sanitarios; 1.988 son técnicos de FP C2, técnicos auxiliares de cuidados; e 3.965 persoal de xestión e servizos e técnico de FP C1.

Destes profesionais, o 2,12% accederon ao grao I, o 46,76% ao grao II, o 20,18% ao grao III e o 30,94% ao grao IV.

Todas as categorías profesionais

O complemento de carreira profesional representa un «importante incremento retributivo» para todas as categorías profesionais que se traduce nun importe anual de 3.216,48€ para licenciados sanitarios; a maioría deles persoal facultativo; 2.010,24€ para diplomados sanitarios nas categorías de enfermería; 2.589,12€ para Grupo A1 de
xestión e servizos; 1.812€ Grupo A2 de xestión e servizos; 1.168,56€ para o grupo C1 de xestión e servizos e técnico de FP C1; 991,80€ para o grupo C2 de xestión e servizos e técnico de FP C2 e 801,48€ para o grupo AP de xestión e
servizos.

Contías mensuais

As contías mensuais que perciben os profesionais por este complemento (por cada grao) son as seguintes: 268,04€ para os licenciados sanitarios; 167,52€ para diplomados sanitarios; 215,76€ para Grupo A1 de xestión e servizos; 151,00€ para Grupo A2 de xestión e servizos; 97,38€ para o grupo C1 de xestión e servizos e técnico de FP C1; 82,65€ para o grupo C2 de xestión e servizos e técnico de FP C2; 66,79€ para o grupo AP de xestión e servizos.

Aberto o prazo para solicitar o acceso aos graros I a IV

O Servizo Galego de Saúde ten aberto, ata finais de mes, o prazo para solicitar o acceso aos graos I a IV de carreira profesional correspondente á convocatoria de 2021. Trátase do primeiro proceso de acceso aos graos de carreira profesional polo sistema ordinario para o persoal do Sergas e entidades adscritas á Consellería de Sanidade e ao dito organismo e a primeira convocatoria de carreira profesional na que se aplicará o baremo ordinario.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.