Galicia Vigo al minuto

Feijóo anuncia unha oferta de Emprego para 106 médicos de Atención Primaria

Son para postos de dificil cobertura e pensados para médicos que rematan o MIR

O presidente da Xunta anunciou hoxe que Galicia aprobará proximamente unha Oferta Pública de Emprego con 106 prazas de médico especialista de área en Atención Primaria. Será a primeira por concurso de méritos de España, asegurou Feijóo.

Trátase de prazas de difícil cobertura e a oferta está especialmente pensada para médicos que rematan a súa formación MIR en Atención Primaria, este ano, en Galicia, que son, exactamente 106. Por iso, asegurou esta mañá o conselleiro, poderán anotarse xa a esta oferta extraordinaria, ainda que rematen a súa formación en maio.

86 médicos xubilados

En resposta ás preguntas dos grupos políticos do Parlamento, o presidente destacou a incorporación de 86 médicos xubilados para reforzar as tarefas de seguimento dos casos COVID e informou de que «anotáronse xa 150 médicos sen especialidade para diminuír a burocratización”.

Aumento de 831 traballadores máis na Atención Primaria

Feijóo reivindicou que,hoxe, a Atención Primaria conta con 831 traballadores máis que cando chegou ao Goberno-hai 13 anos- dos que máis de 100 son médicos de familia e 378 persoal de Enfermaría. Ademais, engadiu, hai 90 centros de saúde novos ou reformados, aos que se engadirán 51 máis nesta lexislatura.

Colaboración do BNG

Feijóo aproveitou a súa intervención para pediu novamente ao BNG que apoie as demandas de Galicia ao Goberno central; unhas reivindicacións que cualificou de “xustas e razoables” para poder afrontar a falta de médicos.

Entre elas o presidente da Xunta, que ten as competencias exclusivas en Sanidade, citou o incremento de prazas MIR de familia; a convocatoria dun MIR específico para esta especialidade; a creación da especialidade de medicina de
urxencias ou a eliminación das taxas de reposición.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.