Vigo al minuto

Empeza a remodelación de Celso Emilio Ferreiro co derrubo de varias casas

Humanización C.E.FerreiroCo derrubo das infravivendas de Celso Emilio Ferreiro, empezou hoxe a humanización do entorno do Castro coa rúa Venezuela, unha obra na que se investirán 1.200.000 € aos que hai que sumar o custo da expropiación destas casas de pranta que ascendeu a 365.000 €.

Segundo explicou o alcalde, a humanización da rúa, contempla novas e ampliadas beirarrúas de granito, máis espazos verdes e a mellora das redes de servizos soterradas, ademais de ampliar o parque de Celso Emilio e o sentido único de circulación. Sobre o tráfico, o Caballero indicou que teñen «especial coidado» en manter o número actual de prazas de aparcamento e, se é posible, amplialo coa reforma ao tratarse de espazos libres de pago que supón un «desafogo» no centro da cidade para os conductores.

A finais de outubro estará rematada unha remodelación, que lle foi reclamada ao alcalde hai dous anos por comerciantes e veciños da rúa, e terá como «colofón» a nova rotonda do bicentenario, ubicada no cruce desta con Camelias e Venezuela. A escultura que recordará a efemérida xa está decidida e o modelo arquitectónico da rotonda está en estudo entre dúas variantes: granito con verde ou con auga.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.