Destacados Vigo al minuto

Os galegos de 29 a 18 anos empezarán a recibir a terceira vacina da COVID, o martes

O SERGAS citará a 165.000 mozas e mozos

Os galegos que teñen entre 29 e 18 anos empezarán a recibir a terceira vacina da COVID dende o martes da próxima semana, día 25 de xaneiro…iso sí: sempre que pasasen cinco meses desde que lles foi administrada a segunda dose.

165.000 mozos

Segundo dixo hoxe Feijóo, ao remate do Consello da Xunta, o SERGAS ten previsto chamar a 165.000 persoas desta faixa de idade. O presidente engadiu que esta convocatoria chega xusto despois de que se citase a 175.000 galegas e galegos de entre 39 e 30 anos.

O presidente apúntase á moda ‘planetaria’

En perfecta simetría cun importante diario galego, líder, tamén en recibir aportacións da administración galega, o presidente asegurou que Galicia está «entre as tres rexións con maior vacinación da UE» o cal, engfadiu, «é como dicir practicamente do mundo»...unha referencia planetaria que da certo rubor e que emprega moito outro líder local.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.