Destacados Vigo al minuto

O BNG pedirá a ‘reprobación’, non a dimisión, de Carmela Silva e Abel Caballero

O Bloque súmase á convocatoria dun Pleno extraordinario «cunha pinza no nariz»

O Bloque Nacionalista Galego vén de reclamar un Pleno extraordinario do Concello de Vigo polo «caso do ‘enchufe’ da cuñada da tenente de alcalde». O voceiro municipal deo BNG, explicou que esa solicitude realízase «diante do silencio do Goberno municipal tras a condena dun alto funcionario» municipal.

Reprobación, non dimisión

Este martes pasado, vigoalminuto informaba de que PP, Marea de Vigo e BNG impulsaban a convocatoria de este Pleno para pedir a dimisión de Carmela Silva, non é así, cando menos no caso do Bloque que, sinalaba onte Xabier P. Igrexas, pedirá a reprobación de Silva-coa que goberna en coalición na Deputación- e Caballero, «pola falla de explicacións e a inacción diante deste escándalo».

O concelleiro do BNG sinalou que «nin a primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, nin o alcalde, Abel Caballero, deron explicación ningunha. O único que fixeron foi agocharse no silencio ou nunha oportuna afonía para despois negarse a contestar as preguntas dos medios de comunicación e mesmo desprezalas”.

Actitude «intolerábel»

Igrexas cualificou a actitude do Goberno municipal de Vigo como “intolerábel en termos democráticos e incompatíbel coa exemplaridade ética que se nos debe esixir a todas e todos os representantes públicos”. O concelleiro nacionalista valorou que un caso “tan grave”, no que un alto funcionario do Concello de Vigo «con evidentes e importantes vinculacións co PSOE, roubou 108 mil euros de diñeiro público para favorecer a cuñada de Carmela Silva, non pode ficar impune a nivel político».

Propostas de BNG e Marea de Vigo

O portavoz do BNG explicou os puntos que serán sometidos a votación neste Pleno extraordinario. Propostas que, clarificou, foron realizadas fundamentalmente polo BNG e tamén pola Marea de Vigo «non sendo ningunha iniciativa Partido Popular».

Entre as propostas de acordo inclúese que o Pleno rexeite de maneira contundente «este caso de corrupción«; a reprobación de Silva e Cabalelro «pola falla de explicacións e a inacción diante deste escándalo»; crear unha Comisión Especial de Investigación para depurar responsabilidades; a posta en marcha dunha Oficina Municipal Anticorrupción e constituír, no prazo máximo de 30 días, a Comisión informativa de Vixilancia da Contratación no Concello de Vigo.

Desde a fronte nacionalista aclaran que a decisión de acordar esta convocatoria de Pleno extraordinario fai “prevalecer a hixiene democrática por enriba doutras consideracións”. Porén, o portavoz do BNG de Vigo advertiu do “relato oportunista” do PP por querer liderar este caso cando a súa formación “non está en condicións éticas de abandeirar ningunha loita pola decencia e a honradez”.

Marnotes estivo co alcalde «e non se atreveu nin a preguntarlle por este caso»

Igrexas lamentou a “intensidade impostada” polos populares “cando o mesmo día que se coñecía a sentenza o seu portavoz municipal, Alfonso Marnotes, se reunía co alcalde e non se atreveu nin a preguntarlle sobre este caso de corrupción”. Nese sentido, recordou que basta con ver a recente declaración do ex presidente Mariano Rajoi no Congreso “para comprender que o PP non ten a máis mínima lexitimidade para exixir limpeza nin ética”.

O portavoz das nacionalistas de Vigo acusou aos populares de querer repetir o “bochornoso” Pleno extraordinario celebrado no mandato anterior por este mesmo caso que quedou reducido a “un lamentábel e ti máis” entre PSOE e PP.

“Pode que teñamos que facelo cunha pinza no nariz, pero farémolo para evitar que a peste a corrupción que envolve o goberno de Caballero siga atufando a cidade”, sentenciou o concelleiro nacionalista. 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.