Comarcas

Redondela compra dúas biotrituradoras portátiles para prestar á veciñanza

Facilitará o acceso ao estruturante que se debe aportar ao composteiro

Redondela compra dúas biotrituradoras portátiles para prestar á veciñanza

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela vén de adquirir dúas biotrituradoras portátiles para permitir o tratamento de restos vexetais polas veciñas e veciños que así o soliciten, independentemente de que sexan ou non participantes nos programas de compostaxe doméstica.

Con esta iniciativa, na que o Concello investirá algo máis de 2.000 euros, afóndase no programa ‘Redondela Composta‘ que busca mellorar o sistema de compostaxe existente no municipio e incrementar a separación dos residuos sólidos urbanos na orixe.

Empréstamo

A posta en marcha deste sistema de empréstamo de biotrituradoras portátiles permitirá que veciñas e veciños poidan triturar aqueles restos vexetais para despois ser utilizado como estruturante nos composteiros, un material que neste momentos é deficitario no municipio redondelán.

Os aparellos adquiridos –cunhas dimensións de 60x100x100 (anchura, longo e altura) contan cun motor eléctrico e unha potencia mínima de 3 HP e están dotadas con coitelas desfribriladoras e contracoitelas que permiten a corta de produtos leñosos e fibrosos. A maiores, están dotadas de martelos móbiles para a trituración final para follas e ramas (cun diámetro máximo de 5 mm) e setos. A produción aproximada é de 1 metro cúbico/hora.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, subliñou a importancia da compostaxe «á hora de contribuír á mellora da calidade medioambiental» e a redución de custes no tratamento dos residuos sólidos urbanos.

«Os beneficios –asegura a rexedora local– son moitos e diversos xa que, non contribuímos a diminuír as emisións de CO2 a atmósfera eliminando a incineración de residuos, senón que afórrase na recollida de lixo e permite que as veciñas e veciños poidan dispoñer de fertilizando natural e de calidade»

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.