Destacados Vigo al minuto

Advirten da «destrución» de 39 postos de traballo no Concello de Vigo

O BNG asegura que o Goberno de Caballero non executa a oferta de emprego público dende 2017

Demoras de ata catro semanas para ser atendido polos Servizos Sociais do Concello

O Bloque Nacionalista Galego anunciou este luns a súa oposición á decisión do Goberno municipal de «amortizar 39 postos de traballo do Concello» para o próximo ano, concentrados nomeadamente en diferentes categorías de oficios. O concelleiro do Bloque, Xabier P. Igrexas, adiantou que van presentar emendas aos orzamentos de 2022 para demandar que se rectifique esta destrución de emprego público.

«Nefasta» política de persoal

O portavoz municipal do BNG cualificou como «nefasta» a política persoal do goberno de Abel Caballero, que ten sen adxudicar por «deslexio e desidia» preto de 200 prazas públicas. Igrexas explicou que están «sen executar case na súa totalidade, agás algunhas poucas prazas de bombeiros, as Ofertas de Emprego Público (OEP) desde o ano 2017. E nesta altura de 2021 aínda está pendente a aprobación da OEP para este exercicio».

«Privatización» de servizos

Para este «novo intento de destrución de postos de traballo» responde a unha aposta do Goberno municipal pola privatización e externalización de servizos, como vén de suceder coa xestión das instalacións deportivas do Concello. «Cremos que é o momento de apostar decididamente por reforzar con máis persoal público o en lugar de aplicar a receitas do PP como está a facer de maneira reiterada o goberno de Caballero», afirmou Igrexas.

O BNG de Vigo presentará emendas ás contas de 2022 para reverter esta decisión e urxir un cambio na política laboral do Goberno municipal, na liña do demandado polo propio comité de persoal do Concello. O portavoz municipal del Bloque recordou que estes postos de traballo son necesarios para un mellor funcionamento dos servizos públicos e a atención á veciñanza.                     

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.