Comarcas Vigo al minuto

Máis dun millón do Plan Concellos da Deputación para 15 municipios

A Xunta de Goberno aprobou axudas da Liña 1 de Investimento e da Liña 2 para os concellos de Marín, Moaña, Fornelos, Cangas, Agolada, Barro, Bueu, A Guarda, Lalín, Moraña, As Neves, Nigrán, Ponteareas, O Rosal e Vilanova de Arousa

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar novos recursos para a provincia ao abeiro do Plan Concellos cun investimento de 1,1 millóns e que beneficiará a 15 concellos.

Trátase de catro achegas da Liña 1 de Investimentos por 783.475€ para os concellos de Marín, Moaña, Fornelos e Cangas, e doutras 16 achegas da Liña 2 de Amortizacións, pago de débedas, gastos correntes e actividades socioculturais por 332.973€ que beneficiarán aos municipios de Agolada, Barro, Bueu, A Guarda, Lalín, Moraña, Moaña, As Neves, Nigrán, Ponteareas, O Rosal e Vilanova de Arousa.

Marín

No caso da Liña 1, Marín recibirá unha achega de 202.464€, coa que poderá financiar a primeira fase das obras de humanización de viarios na zona de Pedreiras. A intervención ten o obxectivo de renovar e mellorar as condicións dos viarios existentes, amais de proceder á renovación das redes de servizos municipais que discorren por ditos viarios.

Fornelos

Doutra banda, Fornelos de Montes percibirá unha axuda de 142.455€ para sufragar as obras de acondicionamento de camiños en Estacas, Calvos e Fornelos. O obxecto deste proxecto é a mellora de cinco camiños: A Raposeira (Estacas); Monte de Atrás, Cima de Vila e Camiño da Taluda (Calvos) e o camiño das Perdices (Fornelos). En todos eles executarase unha nova pavimentación do firme e se mellorará a drenaxe das augas superficiais.

Cangas

No caso de Cangas, a achega de 157.040€ permitiralle sufragar parte da aportación municipal correspondente ao convenio coa Deputación para executar a mellora da seguridade na EP-1005 Viso-Hío.

Esta obra, presupostada en máis dun millón de euros, é unha actuación histórica nesta estrada provincial que vén dar resposta a unha longa demanda social e institucional para a adecuación deste viario.

O proxecto abrangue a totalidade do trazado da EP-1005, cunha lonxitude dun quilómetro.

O proxecto deseña unha senda peonil continua e crea dúas plataformas únicas de convivencia con prioridade peonil. Tamén terrá un novo firme e sinalización, sistemas de calmado de tráfico con pasos de peóns sobreelevados e redutores de velocidade. Finalmente, unha iluminación eficiente a través da instalación de 43 farois led.

Moaña

Por último, o Concello de Moaña recibirá 281.513€ para poder financiar os traballos de humanización da contorna da praza do Concello. Trátase dunha obra dirixida a humanizar este espazo para darlle a prioridade aos peóns. Igualmente, renovarase a instalación de saneamento e abastecemento e crearase a infraestrutura para soterrar as liñas aéreas de servizos

Liña 2

No que atinxe á Liña 2 da Deputación, hai unha nova relación de achegas, por 232.973€. A mesma beneficiará aos concellos de Agolada, Barro, Bueu, A Guarda, Lalín, Moraña, Moaña, As Neves, Nigrán, Ponteareas, O Rosal e Vilanova.

Estas axudas servirán para financiar actividades culturais como o Espazo Musical Convida 21 (Bueu). Tamón Vive o Verán (Lalín),; Rock in Patos, Nigrán Area e o Concerto Inclusivo e o ciclo Sona Gaifar (Nigrán).

Tamén as Sonatas de Verán de Vilanova, a programación de actividades culturais e festivais en Ponteareas e A Guarda recibirá unha achega para a produción dun concerto.

Así mesmo, As Neves recibirá unha achega para sufragar a aportación municipal ao programa Musigal da Deputación. As achegas tamén están destinadas a afrontar o coste de distintos servizos municipais. Entre eles, como a compra de materiais de protección contra a Covid (Barro e Moraña). Tamén o servizo de xestión de portas abertas da piscina municipal de Bueu; gastos na conservación das estradas no Rosal ou os gastos de electricidade en Agolada.  

Por último, aprobouse dentro desta Liña 2 outra achega de 100.000€ para Moaña. Trátase de axudas dirixidas aos sectores máis afectados pola situación pandémica.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.