Comarcas

Baiona abre o prazo para participar na “Escola de Verán 2021”

Desde hoxe até o luns 24 de maio, os dous incluidos

O Concello de Baiona abre o prazo para solicitar praza para participar na Escola de Verán 2021. A mesmas está dirixida a nenos e nenas nacidos entre o ano 2009 e 2017 en cuxas familias cuxos proxenitores atópense en situación laboral.

En xullo

O programa desenvolverase ao longo do mes de xullo de luns a venres de 8:00 a 15:00 h. no CPI Cova Terreña e no CEP de Sabarís. Haberá flexibilidade no horario de entrada (de 8:00 a 9:15 h.) e no horario de saída (de 13:45 a 15:00 h.)

Xa se pode solicitar praza

As persoas interesadas en participar na ‘Escola de Verán 2021’ poden solicitar praza desde hoxe até o luns 24 de maio, os dous incluidos. Para tramitala deberán presentar a solicitude de inscrición no Rexistro de entrada do Concello de Baiona de luns a venres en horario de mañá. Antes terán que pedir cita previa no teléfono 986356779, ou a través da sede electrónica do Concello.

No caso de solicitudes presentadas pola sede electrónica, poden presentarse en calquera día e hora até o luns 24 de maio ás 14:00 horas.

As bases da ‘Escola de Verán 2021’, xunto cos anexos, estarán a disposición das persoas interesadas na páxina web municipal (www.baiona.gal), no taboleiro electrónico e no propio Concello.

Tamén poden solicitarse a través do enderezo electrónico [email protected] ou [email protected] ou no CIM, solicitando cita previa no teléfono 986/35 75 54.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.