Ciencia y Tecnología Galicia

Sanidade vixiará de preto a evolución de 100.000 galegos que superaron a COVID

O obxectivo é detectar os casos de COVID persistente

Alta paciente

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) comezará a remitir aos case 100.000 galegos que superaron a COVID, hai máis de tres meses, un cuestionario sobre as súas secuelas para detectar casos de covid persistente.

Persoas que aínda teñen secuelas

Son persoas que superaron a enfermidade, pero que seguen tendo algún síntoma ou algunha secuela. As máis comúns son dificultade para respirar, perda de olfato, falta de forzas, febre, mareos, perda de peso, perda de cabelo, cambios na voz, trastornos de sono, situacións de ansiedade ou falta de ánimo.

O presidente da Xunta informou que irán ao seu médico de Atención Primaria “para coñecer a intensidade da secuela da Covid persistente”.

240.000 vacinas nunha semana

No tocante á vacinación, o presidente salientou que “o obxectivo da seguinte semana sería administrar 240.000 doses”.

Agora mesmo, estase a levar a cabo unha citación masiva con 15.000 persoas chamadas do grupo de 60 a 65 anos (con AstraZeneca) e entre venres e domingo se administrarán 81.000 segundas doses de Pfizer. Dende o luns, tamén se terán administrado outras 30.000 segundas doses de Moderna.

También te puede interesar