Comarcas

Nigrán duplicará o número de beneficiarios do programa ‘Xantar na casa’

Está destinado a maiores de 60 anos e tamén a dependentes ou en risco de exclusión

O Concello de Nigrán ven de solicitar ao Consorcio Galego de Igualdade a modificación do convenio de ‘Xantar na casa’. O obxectivo é poder duplicar o número de usuarios, o que permitirá pasar dos 10 actuais a 20.

«Os novos beneficiarios, como os actuais, son fundamentalmente persoas maiores ás que este apoio lles garante unha alimentación saudable e unha maior independencia», explica o alcalde, Juan González.

Sete meús para quecer no microondas

Un día á semana (os venres) reciben no propio domicilio 7 bandexas cos menús correspondentes listos para quecer no microondas (inclúen pan, primeiro plato, segundo e postre). Teñen custe simbólico para o beneficiario de 1,76 € por menú (Concello e Xunta aportan o resto ata 6,60 €).

Maiores de 60 anos e dependentes

Así, ‘Xantar na Casa’ está destinado a maiores de 60 anos e tamén a dependentes ou en risco de exclusión social. En Nigrán arrancou en xaneiro de 2021 con usuarios das parroquias de Chandebrito, Panxón, Priegue, Parada e Nigrán, sendo 9 deles anciáns dependentes e unha persoa con problemas de mobilidade.

‘Un Nigrán para todos’

«Forma parte do proxecto ‘Un Nigrán para todos’ , neste caso dirixido á incrementar a automonía persoal ao tempo que garantimos unha alimentación saudable», resume o alcalde.

Menús equilibrados

Os menús son completos e equilibrados, correctamente condimentados e cunha boa presentación, variados e adaptables ás necesidades das persoas beneficiarias, os seus gustos e hábitos, así como á gastronomía local e á época do ano. Trátase dunha dieta basal de 630-840 Kcal., o que supón o 35% do volume enerxético diario total, que no caso dos anciáns oscila entre 1.800 e 2.400 Kcal. Desde ‘Xantar na Casa’ procuran especialmente o uso de produtos de orixe, elaboración ou transformación galega .

Ademais, ao comezo do servizo compróbase que as persoas beneficiarias dispoñan de microondas, frigorífico, enxoval e calquera elemento preciso para a preparación e inxesta dos xantares porque no caso de carecer deles póñense a súa disposición en réxime de depósito.

Desde unha perspectiva integral, ‘Xantar na Casa’ pode complementar ao servizo de axuda o fogar permitindo manter ao máximo a propia capacidade de independencia e autonomía.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.