Comarcas

A Policía Local de Redondela denuncia o «desisterese» do Goberno local cara ás vítimas de violencia de xénero

Aseguran que nin se teñen os medios nin o persoal necesario para dar a cobertura que precisan as vítimas

Representantes da plantilla da Policía Local de Redondela aseguran que «malia tódolos esforzos dos efectivos do corpo» para ofrecer o mellor amparo as vítimas de violencia de xénero e doméstica, «atópanse moitos impedimentos para facelo». Asaguran que nin se teñen os medios nin o persoal necesario para dar a cobertura que precisan as vítimas.

Precariedade de medios, falta de efectivos e necesidade de formación

No mes de Xaneiro, o Goberno Local asinou un Convenio coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para ofrecer un programa de seguridade integral. «Dende a Policía Local ponse en coñecemento do Goberno Local, un mes antes, a precariedade de medios, a falta de efectivos, e a necesidade de formación actualizada para dar a protección que o novo protocolo establece e que obedece a nova normativa comunitaria, estatal e europea».

Expoñéronse detalladamente, aseguran, «e en repetidas ocasións» como debería funcionar o grupo de «Vioxén». Precísanse, por exemplo, espazos reservados para garantir a privacidade das vítimas ou ter un teléfono 24 horas para atención destas persoas.

Por desgraza, subliñan dende a Policía Local, o goberno de Redondela fai caso omiso das recomendacións que se lle achegan».

A día de hoxe, engaden, «non se recibiu contestación» e «trabállase con precariedade absoluta de medios«.

Por iso, dende a Policía Local de Redondela quérese facer fincapé en que, «cas vítimas de violencia de xénero non se fai populismo saíndo na prensa, sen facer caso ós traballadores que día a día tentan facer o traballo coa maior profesionalidade, coma se merecen tódalas vítimas que hai que protexer, axudar ou asesorar».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.