Destacados Vigo al minuto

Asinados 197 contratos de reforzo para afrontar a COVID na Área de Vigo

Súmanse aos profesioanis que aprobaron as últimas oposicións e aos incorporados polo Plan de Continxencia contra a pandemia

A Área sanitaria de Vigo, dacordo co pactado na mesa sectorial, e dentro do Plan de Continxencia pola COVID, realizou este mes de decembro 197 nomeamentos, cunha duración inicial de 6 meses, en distintas categorías profesionais.

Este reforzo de emerxencia sanitaria, tanto no ámbito de Atención Primaria como hospitalaria, concrétanse en 102 nomeamentos de enfermeiras/os, 53 de Técnicos en Coidados de Enfermaría, 9 de Técnicos especialistas e 33 de distintas categorías de persoal non sanitario.

Os mesmos, sinalan dende a Xerencia da Área Sanitaria, «permitirán encargarse das necesidades de persoal que se produzan para a atención directamente vinculada á causa de emerxencia sanitaria Covid-19», coma cobertura de ausencias, reforzo de Unidades ou novas Unidades vinculadas a Covid19,l entre outras.

221 persoas que aprobaron as oposicións

Este reforzo súmase á incorporación dos profesionais que aprobaron a Oferta Pública de Emprego (OPE) en setembro. Trátase de 67 celadores, 32 auxiliares administrativos e 122 enfermeiras.

256 nomeamentos de ‘longa duración’

Ademáis, executouse o Concurso de traslados e continuouse cun «proceso de estabilización, realizando interinidades e nomeamentos de longa duración a 256 profesionais en Atención Primaria e hospitalaria».

Neste senso, cubríronse 236 prazas do cadro de persoal mediante nomeamento de interinidade

81 profesionais en Atención Primaria e 155 en Atención Hospitalaria

En concreto, apuntan dende o Servizo Galego de Saúde, estabilizouse a 81 profesionais de distintas categorías profesionais para a Atención Primaria (entre eles a 23 médicos de familia, 10 pediatras, 2 odontólogos, 29 enfermeiras/os e 10 prazas de persoal de servizos xerais) e 155 profesionais para os hospitais (12 médicos, 53 enfermeiras/os, 50 Técnicos en Coidados de Enfermeria, 3 fisioterapeutas, 4 matronas, 12 técnicos superiores e 21 profesionais de categorías non sanitarias) .

20 nomeamentos de continuidade

A esta estabilización de profesionais, súmanse, engaden dende o Sergas, as vinculacións realizadas ao amparo do Acordo adoptado pola Comisión de Seguimento do Acordo de nomeamento estatutario eventual de continuidade, asinado entre a Administración e certas centrais sindicais.

Con o Acordo, trátase de dar continuidade na prestación de servizos aos profesionais, de xeito que realizáronse 20 nomeamentos de continuidade de enfemeiros/as, dunha duración de 12 meses, para prestar asistencia ás áreas funcionais vinculadas coa emerxencia sanitaria, que permiten atender tanto a necesidade de reforzo e emerxencias provocadas pola Covid-19 como a cobertura das ausencias de persoal .

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.