Comarcas Vigo al minuto

Denuncian que a concesionaria do 061 deixou a Cangas sen sistema de desinfección de ambulancias

«É habitual rematar a asistencia a un paciente no PAC de Cangas ter que ir a Vigo a desinfectar a ambulancia e voltar a Cangas»

Os sindicatos denuncian que a empresa ambulancias que presta servizo no Morrazo decidiu retirar o pasado día 16 de novembro a máquina xeradora de ozono coa que se complementan as tarefas de desinfección logo do traslado dos pacientes con signos de sospeita ou confirmación por Covid-19.

«Pese a que a empresa alega que foi retirada para sometela a unha reparación», o persoal técnico da base de Cangas denuncia que tan só se trata da substitución dun fusible, «para o que non se tarda un mes». Ademais, engaden os profesionais, o prezo destas máquinas xeradoras é de 75€, o que «non xustifica que non se poida proceder a súa inmediata substitución».

«Ataque» á CIG

Dende a CIG denuncia que detrás desta decisión existe unha campaña de ataque a este sindicato «en vinganza polas decenas de reclamacións e denuncias que acumula a empresa diante da Inspección de Traballo e Seguridade Social ou na propia Garda Civil».

O obxectivo da empresa, aseguran, é « impedir a participación dos delegados de prevención para evitar que reclamen os materiais e as medidas necesarias para evitar gastos e poder efectuar recortes, obtendo así máis beneficios da asignación que recibe do Sergas».

Sen ambulancia do 061 e sen persoal do PAC

A CIG subliña que o feito de que o centro de traballo de Cangas careza dun sistema de desinfección obriga a que estás tarefas se realicen nas instalacións de Vigo. Isto provoca que «a ambulancia tarde moito máis en
quedar novamente operativa», orixinando atrasos na asistencia á poboación que teña unha urxencia sanitaria.

Ir a Vigo a realizar a desinfección e voltar ao Morrazo

«Resulta habitual que o persoal técnico de emerxencias remate a súa asistencia a un paciente no PAC de Cangas e que se teña que trasladar a Vigo a realizar as tarefas de desinfección para logo regresar de novo ao Morrazo, quedando a zona sen servizo de ambulancia durante máis dunha hora».

Diante disto, a CIG solicitará a intervención do 061, da Xerencia de Vigo e do propio Concello de Cangas para obrigar á empresa a dispoñer dun sistema de desinfección na localidade que garanta a adecuada e pronta asistencia da poboación.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.