Galicia Vigo al minuto

Carmela Silva insta a Feijóo a que convoque xa ás catro deputacións

Para informar de cómo recibirán os entes locais os «recursos extraordinarios que está a enviar o Goberno do Estado» para afrontar o escenario da Covid-19

Se hai uns días era o alcalde de Vigo quen se dirxía por carta ao presidente do Goberno de Galicia, este martes fixo o mesmo a presidenta de Deputación.

Carmela Silva insta ao presidente a convocar «canto antes» ás catro deputacións galegas a unha xuntanza. Na mesma o presidente tería que informar de cómo recibirán os entes locais os «recursos extraordinarios que está a enviar o Goberno do Estado» para afrontar o escenario da Covid-19.

Sen resposta ás anteriores solicitudes

No escrito, Carmela Silva lembra a Núñez Feijoo que aínda que o presidente galego nunca respondeu a anteriores solicitudes de encontro en relación coa Covid19, «agora, ante o escenario actual, considero imprescindible  que esta xuntanza se celebre, incorporando a mesma ás catro deputacións, a FEGAMP e as 7 grandes cidades galegas«.

Inversións derivadas da pandemia

Silva indica na misiva que eses recursos procedentes do Estado van permitir que as administracións más próximas a cidadanía poidan enfrontar ás inversións derivadas da pandemia. Ademáis, sinala a Feijoo que outras comunidades xa o fixeron reuníndose coas entidades locais.

A presidenta provincial subliña que as Deputacións aprobaron recursos para actuacións nos concellos, mesmo de competencias impropias derivadas de normas da Xunta. «Sen embargo, di Silva, a Xunta non puxo a disposición das entidades locais os recursos que precisabamos para garantir  dereitos e servizos imprescindibles hoxe mais que nunca, polas novas necesidades derivadas da crise sanitaria».

‘Cogobernanza’

Igualmente, a presidenta da Deputación engade que «é unha obriga que cada Administración Pública faga fronte ás súas competencias e non se deriven ao mundo local. Pero tamén é necesario, subliña, que a colaboración e a coordinación veñan acompañadas de medios extraordinarios que a administración autonómica debe facer chegar a todos os concellos, no noso caso, da provincia de Pontevedra».

Por todo elo, Carmela Silva anima a Núñez Feijoo a «converter á cogobernanza na ferramenta que permita que a cidadanía nos visualice como a representación pública que responde ás súas demandas».

A presidenta provincial remata o seu afirmando que «é imprescindible que traballemos xuntas e xuntos e que unha parte dos recursos que a Xunta está recibindo do Goberno de España sexan trasladados a concellos e deputacións para poder facer fronte a esta pandemia»

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.